|
Paro nacional en Honduras para reclamar melloras laborais |
|
|
|
|
Escrito por amarante
|
|
Mércores, 08 Setembro 2010 18:08 |
|
Organizacións obreiras, estudantís, indíxenas e campesiñas mobilizáronse onte ao longo do país para reclamar mellores condicións laborais e o cumprimento do Código de Traballo
A mobilización foi denominada como Paro Cívico e recibiu o apoio de tres centrais obreiras e a Fronte Nacional de Resistencia Popular (FNRP).
A medida de forza foi anunciada logo do fracaso das negociacións co ministro de traballo, Felítico Ávila. Entre outros reclamos, os traballadores solicitan un incremento no soldo mínimo, que actualmente é de 158 dólares.

Por outra banda, este martes o Consello de Organizacións Populares e Indíxenas de Honduras (COPINH) denunciou que o Congreso pretende privatizar os ríos para a construción de hidroeléctricas. Segundo a organización, o decreto lei permite "outorgar concesións e privatizaciónes de ducias de ríos para a construción de hidroeléctricas".
Ante esta situación, o Consello chamou ao pobo hondureño e á Resistencia a intensificar a loita contra o Goberno de Porfirio Lobo e a traballar pola refundación do país mediante o chamado a unha Asemblea Nacional Constituínte.
|
|
LAST_UPDATED2 |
|
Ler máis...
|
|
|
Sociedade civil europea movilízase en solidariedade coas persoas xitanas e migrantes |
|
|
|
|
Escrito por amarante
|
|
Sábado, 04 Setembro 2010 23:03 |
|
Repudiamos o populismo e o racismo das políticas da UE!
Millares de persoas movilizáronse hoxe en diferentes capitais europeas para manifestar o seu repudio pola política de criminalización e deportación de persoas xitanas e migrantes posta en marcha por diferentes países europeos.
Desde AMARANTE queremos amosar o apoio ás movilizacións e a nosa solidariedade cos colectivos que están sendo alvo dunha demagóxica maniobra mediática dirixida a acadar o apoio dos sectores sociais máis conservadores, desviando así a atención dos verdadeiros problemas que castigan a cidadanía europea.
Foto: BT/af
|
|
LAST_UPDATED2 |
|
Ler máis...
|
|
Os traballadores e as traballadoras de Bangladesh precisan da túa axuda. Actúa agora! |
|
|
|
|
Escrito por amarante
|
|
Xoves, 26 Agosto 2010 17:03 |
|

Desde que o pasado 29 de xullo o Goberno de Bangladesh anunciase o novo salario mínimo para a industria de roupa -fixado en 3000 Taka (32 euros )- e que segue sendo insuficiente para satisfacer as necesidades básicas-, os traballadores e as traballadoras continúan saíndo ás rúas para protestar. Emitíronse ordes de detención contra centos de traballadores/as e contra líderes de defensa dos dereitos laborais, e déronse varias detencións.
A ONG Centro de Solidariedade de Traballadores de Bangladesh (BCWS, polas súas siglas en inglés) e os seus líderes son obxectivos prioritarios desta ofensiva gobernamental contra as organizacións que defenden os dereitos laborais. Pedímosche que escribas ás autoridades de Bangladesh para esixir a retirada das causas penais e que se garanta a seguridade dos/as líderes laborais. Ao existir evidencias de que unha fábrica en concreto, a empresa Nassa Global Wear que produce pezas de roupa para empresas como Wal Mart, Carrefour, Tesco e H&M, estea a xogar un papel importante nos ataques contra a ONG, tamén pedímosche que asines a carta dirixida ao propietario do grupo empresarial Nassa condenando estas accións.
Envía agora unha carta ás autoridades de Bangladesh e outra ao grupo téxtil Nassa! Coñece como é a situación en Bangladesh! Máis info eiquí.
|
|
LAST_UPDATED2 |
|
Parlamento brasileiro conclúe que MST non desviou recursos públicos para a ocupación de terras |
|
|
|
|
Escrito por amarante
|
|
Mércores, 25 Agosto 2010 12:11 |
|
A investigación revelou que as acusacións orquestadas polo sector do agronegocio eran infundadas e puxo de manifesto a laboura do movemento en áreas como a educación e promoción da agricultura familiar.
Despois de oito meses, nos que as contas de cooperativas agrarias e organizacións de apoio foron minuciosamente apuradas e convocaronse máis de trece audiencias públicas, as intencións da bancada ruralista -que representa os intereses dos latifundiarios e do agronegocio no Parlamento brasileiro- de desprestixiar ao MST e entorpecer o debate sobre o necesario avanzo da reforma agraria no Brasil quedaron ao descuberto.
Paralelamente, a investigación puxo en evidencia a importante laboura do movemento no eido educativo e tamén no fomento da agricultura familiar e da produción ecolóxica, freando o abandono do rural e o consecuente incremento dao número de familias desemparadas, suxeitas ao traballo informal e as pésimas condicións de vida que ofrecen as xa infladas favelas nas grandes urbes brasileiras.
O Brasil é un dos países que presentan unha maior desigualdade no acceso e propiedade da terra no mundo. Datos recentes indican que 1,5% dos 5 millóns de propiedades rurais rexistradas concentra 52% de toda a área, mentres que 98,50% deteñen soamente 48%.
Para movilizar o debate sobre a concentración de terra, o Foro Nacional da Reforma Agrária e Justiza no Campo, composto por máis de 50 organizacións, promoverá unha consulta popular sobre o límite da propiedade rural do 1 ao 7 de setembro.
O obxectivo será recabar apoio social para incluír unha modificación na constitución brasileira, establecendo un límite para a propiedade da terra a 35 módulos fiscais. As propiedades que superen esa cifra serían incorporadas ao patrimonio público e destinadas á reforma agrária. Das cinco millóns de propriedades rurais existentes no Brasil soamente 50 mil posúen 35 módulos fiscais mentres que as outras 4.950 millóns datópanse por debaixo desa cifra.
Mais información: http://www.limitedaterra.org.br/
|
|
LAST_UPDATED2 |
|
Ler máis...
|
|
O Goberno español cancela a débeda de Haití |
|
|
|
|
Escrito por Amarante
|
|
Venres, 16 Xullo 2010 10:59 |
|
Organizacións sociais e 82 concellos apremaron ao executivo a que executase sen condicións a cancelación da débeda haitiana despois do terremoto. Seis meses despois o Goberno cumpriu coas demandas.

Esta semana cúmprense seis meses desde o terremoto que deixou en Haití a máis de 200 mil mortos, máis dun millón de damnificados e desprazados, e todo un país por construír. Entre as reaccións que seguiron ao terremoto, organizacións sociais e institucións de diferente índole clamaron pola cancelación da débeda que os acredores internacionais reclamaban a Haití. Seis meses máis tarde o Goberno español cumpriu coa promesa de cancelar a débeda bilateral que reclamaba a Haití.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
|
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL |