Dende Pontevedra por unha sociedade intercultural e solidaria

Xitanos

Os colectivos sociais de Pontevedra e demais cidadáns e cidadás a título individual que asinamos este escrito queremos expresar a nosa profunda preocupación  sobre os comportamentos  amosados por parte de asociacións, nurse view medios de comunicación e representantes políticos a raíz do realoxamento de catro familias xitanas no barrio de Monte Porreiro e noutros lugares da comarca.

Así pois, no rx en primeiro lugar apoiamos o manifesto “Por unha sociedade plural, unha convivencia intercultural” presentado o xoves 13 de marzo en Compostela por máis dunha trintena de colectivos sociais de Galicia no que se pide “unha aposta política polo fin do chabolismo e pola creación de espazos de convivencia intercultural en todos os barrios das nosas vilas e cidades, sen descartar tampouco as parroquias rurais”.

E ademais queremos puntualizar:

–          Que o racismo, a xenofobia e o fascismo como expresións de rexeitamento ao diferente non nacen da noite para a maña, ninguén se recoñece racista, tratase de elementos que van aniñando no subconsciente colectivo e individual das persoas que como neste caso albergan medo – moitas veces baseado en datos obxectivables como o trafico de droga, as mafias,….-. É por elo que necesitan de moita pedagoxía democrática e de moita cultura da tolerancia.

–          Que a solución ao problema de marxinación social do colectivo xitano non pasa como apostan as nosas autoridades pola volta ao gueto senón polo camiño da desguetización. Nese camiño a integración individual de familias non xera ningún problema senón que é a solución.

–          Que o dereito a habitar nunha vivenda digna cos servizos básicos mínimos é un dos dereitos humanos elementais de todas as persoas, recoñecido por todas as cartas de dereitos civís internacionais, incluídos a Constitución Española e o Estatuto de Autonomía de Galicia.

–          Que no presente caso a negación deste dereito é incluso máis grave se temos en conta  que se lle nega a unha familia enteira dun determinado colectivo cun número importante de nenos e nenas.  

–          Nun estado de dereito os delitos son individuais nunca xamais colectivos. Se un de nós, poñamos por caso, ten un irmán ou un sobriño que cometeu un delito a ninguén se lle ocorre  que a solución para reinsertalo sexa desterrar ou encarcerar a toda a nosa familia. Que mesmo as persoas con antecedentes delictuosos, no caso de que as haxa neste caso, teñen dereito a vivir nunha casa digna.

–          Que por desgraza, individuos que trafican con droga hainos hoxe en día en pisos e locais da nosa cidade tanto de barrios periféricos como céntricos e, aínda que se coñeza a súa actividade, a asociación veciñal que se opón con tanta teimosía ó realoxo das persoas do Vao nunca organizou mobilizacións para botar a estes individuos e a súas familias das súas casas ou esixir o peche do local onde se vende droga.

–          Que, tamén por desgraza, a nosa mocidade está exposta a diario, sobre todo nas saídas nocturnas da fin de semana, ó contacto cos traficantes de drogas (haxix, cocaína, pastillas…) en locais incluso de moda e mesmo nas portas dos centros educativos. Os “camellos” non están só en zonas marxinais. A solución ó problema da droga é unha cuestión complexa. Evitar slots que os nosos fillos se “enganchen” é un traballo educativo onde a familia, os ensinantes, os medios de comunicación e mais a Administración deben desempeñar todos un papel fundamental.

–          Que aínda que as medidas adoptadas por parte do Concello de Poio para realoxar as familias do Vao  podan parecer precipitadas e sen unha planificación axeitada, non son admisibles as posturas de determinados representantes políticos e veciñais que, ben por intereses electoralistas ou ben por unha falta total de solidariedade cos máis desfavorecidos da nosa sociedade,  se negaron en redondo a calquera tipo de acordo. Pola contra, encirraron ós veciños de Monte Porreiro, axudados polo sensacionalismo e “o morbo” dos medios de comunicación, para que, xustificando as súas accións como unha loita contra a droga, fosen xurdindo sentimentos racistas e xenófobos que mesmo transmitiron ós seus fillos chegando a utilizalos en manifestacións destas características.

–          As accións de protesta levadas a cabo non se dirixiron unicamente contra a suposta incompetencia dos representantes públicos, se non que todos os membros das familias realoxadas, incluídos nenos, foron obxecto desde o principio dunha violencia verbal con insultos de todo tipo, que en lugar de ser acalmada polos dirixentes veciñais foi animada polas súas declaracións.

–          Consideramos que é unha gran irresponsabilidade por parte dos representantes da administración tanto autonómica como local ceder ante as protestas veciñais sen  chegar a un acordo que permitise ir realoxando as familias do Vao paulatinamente mediante o establecemento duns prazos e dunhas garantías de convivencia por ambas as partes: veciños e persoas realoxadas.

–          Tras esta cesión, a política social da Administración autonómica e dos gobernos locais implicados queda claramente desacreditada. Neste momentos non se albiscan posibles solucións ó problema dos asentamentos marxinais, tan numerosos na nosa terra. A partir de agora será moito máis difícil levar a cabo un plan de integración social dos habitantes destes poboados, pois calquera grupo de veciños se sentirá lexitimizado para facer o mesmo que fixeron os veciños de Monte Porreiro, Ponte Caldelas ou Caritel.

Por todo isto pedimos:

–          Dos Concellos da comarca e mais da Vicepresidencia da Xunta de Galicia un plan real de erradicación do chabolismo coa participación de todos os axentes sociais (servizos sociais municipais, asociacións veciñais e culturais, centros educativos e sanitarios…) Este plan debería empezar por dar unha resposta consensuada pero inmediata ó realoxamento destas familias que foron rexeitadas e continúan sen unha vivenda digna.

–          Das asociacións veciñais unha actitude aberta de diálogo, exenta de protagonismos, que favoreza a integración das persoas marxinadas en lugar de criminalizalas no seu conxunto favorecendo os prexuízos sociais de todo tipo contra elas.

–          Dos medios de comunicación un tratamento  obxectivo da cuestión que non “bote máis leña ó lume” con titulares sensacionalistas que non reflicten a realidade e que parecen buscar un maior enfrontamento e mesmo que se produzan feitos violentos.

–          Dos xitanos e xitanas realoxados que manteñan a actitude serena que teñen mantido ata este momento.

–          A toda  a sociedade, que rexeite a exclusión e o racismo como forma de resolución de situacións de marxinalidade e segregación.

You may also like...