Campaña internacional Xoga limpo 2008

fachoolimpico

AMARANTE pedirá apoio de deportistas da terra nunha campaña onde se recollerán postais e sinaturas de presión ante o COI

Coincidindo co ano novo chinés – 7 de febreiro – , prostate a directora de Amarante, physician Fernanda Couñago, presentou no Clube Internacional de Prensa de Santiago de Compostela, a Campaña Xoga Limpo 2008.

O obxectivo da iniciativa é pedir que se garantan o respecto dos dereitos fundamentais dos traballadores/as no sector da produción de artigos deportivos e, máis polo miúdo, na fabricación de artigos con licenza para os vindeiros Xogos Olímpicos de Pekín. Esta é unha Campaña Internacional, que se lanza a nivel mundial e que no Estado está organizada pola Federación SETEM xunto cos sindicatos estatais UGT, CCOO e a CECU e, liderada en Galicia por AMARANTE. Dentro das iniciativas que se levarán a cabo en Galicia, AMARANTE pedirá o apoio de deportistas e atletas da terra para dar exemplo de solidariedade. Contactarase a federacións e centros do INEF para sensibilizalos sobre esta cuestión.

Asemade será organizada unha campaña de recollida de sinaturas por medio de diferentes accións repartindo postais nas rúas das principais vilas de Galicia coma tamén nos locais da organización para que a cidadanía galega tome consciencia desta situación e esixa tanto ao Comité Olímpico Internacional coma ao Comité Olímpico Español a responsabilidade que lles compete como organismos oficiais das Olimpíadas.

Mentres unha pequena parte da poboación mundial enche os petos e carteiras de millóns de dólares, unha grande parte representativa da poboación chinesa deixa a saúde nas fábricas por salarios que, lonxe de ser remotamente dignos, non chegan a ser nin tan sequera esmolas. Para ter unha idea das inxustizas que se acometen tomamos os exemplos que a continuación se amosan:

-Unha mochila co logotipo de Beijing 2008 custa 22 euros (240 yuanes), cantidade que contrasta co salario básico das persoas que traballan nas fábricas, aproximadamente 2,36 euros por día.

-Do mesmo xeito é denunciábel o feito de que mentres a entrada da cerimonia de obertura das Olimpíadas 2008 terá un custe de 468 euros (5.000 yuanes), unha persoa empregada nalgunha das fábricas do téxtil en China  de calzado deportivo debería traballar alomenos catro meses para xuntar tal cantidade de diñeiro. 

Todo esto sucede ante os ollos dun impasíbel Comité Olímpico Internacional. Ademais, hai que engadir que estas situacións contraveñen o establecido na Carta Olímpica, a norma reguladora do Movemento Olímpico que contén os principios fundamentais, os regulamentos e os textos de aplicación adoptados polo COI, e que asemade fixa as condicións para a celebración dos Xogos Olímpicos e a participación nos mesmos. O artigo 1 do devandito documento en 2004 dicía “o olimpismo é unha filosofía de vida que exalta e combina nun  conxunto harmónico as cualidades do corpo, da vontade e do espírito. Aliando o deporte coa cultura e coa educación, o olimpismo proponse crear un estilo de vida baseado na ledicia do esforzo, o valor dos bos exemplos e o respecto polos principios éticos fundamentais universais”.

Ante isto podemos nos cuestionar se o COI realmente está comprometido coa defensa de tan nobres valores. Estilo de vida baseado na ledicia do esforzo?, bos exemplos? E sobre todo, respecto polos principios éticos fundamentais universais?

Máis información no sitio web: http://juegalimpio2008.blogspot.com/ 

A chama olimpica percorreu as cidades de Galicia co apoio dun grupo importante de deportistas

O pasado sábado 10 de maio celebrábase o Día Internacional do Comercio Xusto. Coincidindo desta volta coa chegada das Olimpíadas de Beijing, AMARANTE, dentro da Campaña Internacional Xoga online pokie games Limpo 2008, organizou nas catro cidades que son sede da organización (Compostela, Vigo, Ourense e Pontevedra) un acto simbólico para tirar a atención da cidadanía sobre a violación dos dereitos laborais de traballadores e traballadoras do téxtil, que en China sofre este colectivo máis si cabe, coa celebración dos vindeiros Xogos Olímpicos e a fabricación de toda a equipaxe deportiva e conmemorativa do evento mundial.    

Percorrendo co Facho Olímpico Limpo as principais rúas das catro cidades galegas, seguido dunha pancarta co lema da campaña “Beijing 08 Olimpíadas Limpas. Non a explotación laboral”, AMARANTE continúa na liña da súa campaña de presión sobre das multinacionais do téxtil que confeccionan roupa deportiva, desta volta reclamando a intervención do Comité Olímpico Internacional, institución que, coma organismo oficial dos Xogos haberá de velar pola garantía de que na produción do merchandising olímpico exista o máximo respecto polos dereitos humanos, laborais e sindicais.

Na acción participaron máis de medio centenar de activistas e a campaña xa ten apoios destacados como o do xogador de fútbol Xose Ignacio Pacios “Nacho”, o entrenador do Teucro de Balonmán Víctor García “Lillo”, Marcos Pérez  -arbitro e entrenador balonmán da sección feminina do Teucro Pontevedra, Jorge Ignacio Silva -corredor de Marcha do Clube Academia Postal de Ourense-, Conchi Gomez -fondista do Clube Academia Postal de Ourense-, Cesar Carballo – arbitro de balonmán – ou o maratoniano Manuel Rosalés.

nas principais prazas das cidades galegas, Amarante e Verdegaia celebran os Xogos Olímpicos Limpos 

Catro  meses despois da presentación en Galicia da Campaña Xoga Limpo 2008 e tras varias accións de rúa nas que, alomenos 70 activistas da organización percorreron as cidades galegas portando o facho olímpico para pokies casino tirar luz sobre ese lumpen escuro da explotación laboral que se instala en China, Amarante pecha este sábado 21 de xuño os actos do Xoga Limpo 2008 coa celebración dunha Olimpíada Alternativa.  Alén dos xogos que sairán ás rúas, desta volta coa ONG galega Verdegaia, seguiremos a recoller sinaturas para lle facer chegar ao Presidente do Comité Olímpico Internacional, Sr. Rogge, ante a pasividade do organismo que preside, máximo regulador dos beneficios obtidos da fabricación do merchandising e autoridade competente para salvagardar o espírito olímpico e o xogo limpo en tódolos eidos vencellados á celebración deste grande acontecemento mundial. 

De tal xeito, a Campaña Xoga Limpo 2008, dirixida a presionar ao COI e as autoridades chinesas para que aseguren o respecto aos dereitos humanos na producción das prendas deportivas que lucirán os equipos nacionais de atletas nas olimpíadas de Pequín, presentou recentemente dous informes tan comprometedores para o trust oligopolista da produción téxtil deportiva como esclarededora para a cidadanía que interesada en coñecer o que se agocha detrás do logo de Nike ou Adidas: explotación. Estes informes, “Salvando Obstáculos” e  “Xoga Limpo: Os Xogos Olímpicos sen medallas nos Dereitos Sindicais” pódense consultar nos Centros de Documentación e Recursos de Amarante, e na páxina web da campaña internacional http://www.playfair2008.org/.  

Pero non só co gallo das Olimpíadas ocorren estas situacións de abuso e usura empresarial en China, mais tamén por exemplo en Paquistán, onde se fabrica o 80% dos balóns para todo o mundo ou en Filipinas, onde un bispo foi asasinado sen sequera saír nos medios, por mentar a grave situación e condicións de vida dos traballadores e traballadoras das fábricas do téxtil nese país. Amarante e Verdegaia pretenden coa acción vindeira do día  21 tirar a atención da cidadanía sobre todas estas inxustizas, reclamar o seu interese, sensibilizar a opinión pública para facer dela unha sociedade un pouquiño máis crítica co entorno cotiá e antes os graves problemas de toda índole imaxinable que sofre a poboación mundial impedida do libre exercicio dos seus Dereitos Económicos e Sociais.  

Amarante e Verdegaia Levarán conxuntamente adiante unha acción cívico-lúdica na que participe a xente de a pé, organizando diversos xogos que constitúan unha Olimpíada Limpa e sobre todo, alternativa á que está por comezar en Pequín en menos de dous meses (bolos, trileiros, obradoiros de confeción de balóns, carreiras solidarias…), xogos cargados de simbolismo e denuncia a través dos cales queremos evidenciar a carencia de dereitos sindicais en moitos países onde están a se instalar filiais de fábricas pertencentes ás multinacionais do deporte amparadas por unhas leis laborais totalmente flexibles que non protexen ás traballadoras e traballadores do país. Nas accións de rúa que celebraremos simultaneamente en Vigo, Ourense, Pontevedra e Compostela, haberá, ademais de xogos tradicionais, xogos malabares, teatro improvisado, música, stands de información e mesas para degustación de produtos de Comercio Xusto procedentes de países do Sur, entre outras actividades.  

You may also like...