Actividades

COMERCIO XUSTO
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O Comercio Xusto é unha actividade comercial baseada nunha relación directa e de respecto mutuo, na que productores e consumidores obteñen a garantía de producción baseada no respecto ós dereitos humanos e no desenvolvemento autosostible

Amarante aposta polo Comercio Xusto como unha actividade estable e permanente durante todo ano porque cando falamos de Comercio Xusto estamos a falar dun movemento solidario e económico amplo que busca non só reducir a miseria dos países empobrecidos por medio da axuda senón que persegue analizar en profundidade as causas estructurais desta pobreza e máis aló asentar unha alternativa económica estable e viable ó actual marco económico chamado de “libre mercado”, pero que no fondo configurase como un mercado oligopolio controlado por grandes distribuidoras de comercialización, ligadas a sectores financeiros importantes.

Estabilidade necesaria porque  o Comercio Xusto é unha alternativa precisa para o cambio do modelo desigual do comercio a nivel internacional, que dicta as súas regras na OMC.

Porque só dende a estabilidade pódese atender ás necesidades diarias dos pequenos productores do Sur, que lles permita planificar as súas estratexias comerciais a longo prazo rompendo a dependencia das grandes multinacionais que fixan os prezos, podendo así rachar o círculo da pobreza.

O Comercio Xusto é unha actividade comercial entre os productores do Sur e os Consumidores do Norte nun marco de relacións xustas. Cumple os seguintes criterios:

  • Garantía de salarios que permiten ter unha vida digna.
  • Non hai explotación infantil.
  • Os homes e as mulleres cobran igual salario.
  • Establecese unha relación a longo prazo e realizanse pagos por adiantado o que permite planificar con seguridade.
  •  Os productores adican unha parte dos beneficios a necesidades da comunidade(saúde, educación, formación, etc.).
  • Respectase o medio ambiente.

TENDAS DE AMARANTE

AMARANTE, conta con catro puntos de venta directos en Galicia. As Tendas de Comercio Xusto de Compostela, Ourense, Pontevedra e Vigo. AMARANTE  centraliza desde a súa sede en Pontevedra a distribucción de productos importados por Amarante desde os paises do Sur.

AMARANTE Compostela: Avenida Romero Donallo, 19. 15706 Compostela
AMARANTE Ourense: Avenida da Habana, 64. 32003 Ourense 
AMARANTE Pontevedra: Praza da Verdura, 4. 36002 Pontevedra 
AMARANTE Vigo: Avenida das Camelias, 114. 36211 Vigo

 IMPORTACION E DISTRIBUCIÓN

Amarante impulsou os primeiros pasos para o impulso da primeira distribuidora galega de Comercio Xusto.  

Un fito fundamental foi a importación do azucre Panela que se converte no primeiro producto de Comercio Xusto etiquetado en galego.  

Distribuimos productos importados directamente desde as cooperativas e organizacións do Sur: Azucre Panela (Maquita – Ecuador), Marmeladas (Maquita – Ecuador), Contacontos (Vedruna – Filipinas) e material dos Sem Terra (MST – Brasil).

Os acordos de comercialización con varias empresas permitenos a distribución dos mellores cafés, especialmente o gourmet 100% arabica  (Colombia). Asemade a empresa RAMPE estucha para Amarante sobre de azucre de cana integral especial para hostalería.

Tamén distribuimos Camisetas de Amarante (Braak Aarong – Bangladesh) e diversos materiais editoriais publicados por Amarante ( Libro de receitas solidarias, Guia do Consumo Responsable, Anuario sobre Comercio Xusto )

A construcción dun modelo galego de Comercio Xusto necesita de mecanismos para achegar os productos directos a Galicia e o que é máis importante, crear unha maior relación entre os productores do Sur e a cidadanía galega.

PRODUTOS DE AMARANTE:

Azucre PANELA BIO . Etiquetado en galego. Maquita Ecuador

Contacontos. Contos tradiccionais. Fundación Vedruna. Filipinas CAFÉ 100 %  NATURAL en grano Colombia/Tanzania. 

CAMISETAS con algodon non clorado. Cooperativa Braak Aarong. Bangladesh MARMELADAS. Varios sabores. Maquita Ecuador Azucre de cana en ESTUCHADOS de 7 gr. Especial para hostaleria . Rampe

Para consultar prezos e facer pedidos temos o correo: cxusto@amaranteong.org

CONVENIOS E ACORDOS DE IMPULSO DO COMERCIO XUSTO

AMARANTE ten asinado convenios e/ou acordos para o impulso do Comercio Xusto en Galicia coas seguintes institucións e empresas

ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA:

  • Dirección Xeral de Cooperación da Xunta de Galicia. Convenio para o impulso do Programa Bo Café de sensibilización e comercialización de café de Comercio Xusto.
  • Subdireción Xeral de Familia da Xunta de Galicia. Amarante suministrou Contacontos a rede de Galescolas dependentes da Vicepresidencia para a Igualdade.
  • Conselleria de Medio Ambiente. Consumo de comercio Xusto á iniciativa dos/as traballadores/as.
  • SERGAS. Resolución de impulso ao programa bo café dirixido aos centros sanitarios galegos.
  • CHUVI. Consumo Café de Comercio Xusto nas instalacións do Complexo Hospitalario de Vigo – Hospital Xeral Cies e Meixoeiro.

ADMINISTRACIÓN MUNICIPAL:

  • Fondo Galego de Cooperación. Convenio para o impulso do Comercio Xusto na administración municipal galega asinado o 23 de decembro de 2.005.
  • Concello de Vigo. Acordo plenario de xaneiro de 2.006, tomado por unanimidade, para impulsar o convenio asinado entre o Fondo Galego de Cooperación e AMARANTE.
  • Deputación de Pontevedra. Resolución de apoio ao programa bo café e incorporación das maquinas de vending de café de Comercio Xusto.
  • Deputación de A Coruña. Apoio en publicación de materiais de sensibilización.
  • Concello de Ames. Iniciativas de sensibilización e stands Comercio Xusto.
  • Concello de Baiona. Maquinas de vending de café de Comercio Xusto.
  • Concello de Barro. Iniciativas de sensibilización e stands Comercio Xusto.
  • Concello de Caldas. Iniciativas de sensibilización e stands Comercio Xusto.
  • Concello de Cangas. Iniciativas de sensibilización e stands Comercio Xusto.
  • Concello de Marín.  Iniciativas de sensibilización e stands Comercio Xusto.
  • Concello de Nigran. Maquinas de vending de café de Comercio Xusto.
  • Concello de Ourense. Iniciativas de sensibilización e stands Comercio Xusto.
  • Concello de O Porriño. Stands Comercio Xusto en diversas actividades.
  • Concello de Pontevedra. Maquinas de vending de café de Comercio Xusto.
  • Concello de Ribadeo. Iniciativas de sensibilización e stands Comercio Xusto.

  ENTIDADES:

 

Triodos Bank. Acordo con Ideas, IO e a Federación Setem (da que forma parte Amarante), para promover a CONTA XUSTA de apoio ao Comercio Xusto.

Universidade de Santiago de Compostela. Colaboración no marco do Master de Cooperación Internacional e outros seminarios ( RSC, CPE, … ) e compra de produtos de Comercio Xusto.

Universidade de Vigo. Colaboración no marco do Seminarios e divulgación. Universidade da Coruña. Colaboración no marco de seminarios e divulgación, e compra de produtos de Comercio Xusto.

Casa da Xuventude de Ourense. Iniciativas de sensibilización e compra de produto de Comercio Xusto

Parroquia de Beluso-Bueu. Campañas de promoción e sensibilización de Comercio Xusto

 

                                       EMPRESAS DE VENDING:

Alrapid s.l. Vigo
BM Vending.
Compostela
Caffé Express Vending.
Vigo
Consovending s.l..
Pontevedra
Couto Seoane.
Pontevedra
Seal Vending.
Ourense
Serventa.
Compostela

  • Maquinas de bebida quente con Comercio Xusto:

Axencia Tributaria. Compostela
Augas de Galicia.
Compostela
BNG. Sede Nacional.
Compostela
Carrefour Express.
Vilagarcia
COGAMI.
Centro  Monteporreiro. Pontevedra
Concello de Nigran.
Casa Consistorial. Nigran
Concello de Baiona.
Casa Consistorial. Baiona
Concello de Nigran.
Casa Consistorial. Nigran
Concello de Pontevedra.
Casa Consistorial
Conselleria de Pesca. Delegación.
Vigo
Cruz Vermella.
Ourense
Deputación de Pontevedra.
Edificio central ( 2 )
Deputación de Pontevedra. Oral.
Pontevedra
Escola de Traballo Social.
Compostela
Forga-CIG.
Compostela
FREMAP Ventorrillo.
A Coruña
Fundación Orientación Profesional.
Compostela
Galicia Terra de Acollida.
Ourense
Hotel Hesperia Gelmirez.
Compostela
MAPFRE Automoviles S.A.
Vigo
Serventa Grupo SVA.
Compostela
Toysal.
Vigo
Texsa Morteros.
Pontevedra

CLIENTES DE AMARANTE

 Podes atopar productos de Comercio Xusto nunha longa lista ( datos outubro 2008 ) de clientes de AMARANTE.

  • Tendas de Comercio Xusto:

CDR O Viso: Praza Maior, 1. Xinzo de Limia
ECCOS: Rua de San Pedro, 5. Melide
Terra Viva: Avenida Arxentina, 4. Ponteareas

  • Organizacións de Consumidores/as:

Arbore. Coop. de Consumidores: Arquitecto Bellas, 5. Vigo
Semente: Ourense

  • Tendas bioecolóxicas:

Ecotenda Eco Sabor: Pasanteria, 9. Pontevedra
Ecotenda Herbas: Pitelos, 26. Compostela 
Hortasan. Labregos/as do Ulla: Praza Abastos. Pontevedra

  • Tendas artesanía / infantís:

Libros para Soñar. Librairía:  Triunfo, 1. Vigo
Malleira. Librairía: Bedoya, 20. Ourense
O Bosque Animado: Praza de España, 29. Ribadeo
O Sarillo: rua Alexandre Boveda. Allariz

  • Hostaleria:

A Fundación: Avenida Toques e Friol, 23. Melide
Ambigú: Lirio, 11. Cangas
Andosan. Facultade de Filoloxía: CUVI. Universidade de Vigo
Aturuxo: Pazos Fontela, 59. Bueu
Catering Mercedes Morigosa: Compostela
Centro Social Os Portelos: Rua dos Portelos, 4, 1º. Allariz
Confiteria La Esquina: Praza de España, 7. Arzua
Feira Vella: Praza da Verdura, 12. Pontevedra
Mi Cota: Peregrina, 4. Pontevedra
Os Maristas: Praza da Verdura, 5 . Pontevedra
Turismo rural A Casa da Eira: Nogueira de Ramuín
Hotel Lago: Caleiro. Vilanova de Arousa
Roi Xordo: Praza dos mesóns, 3. Allariz
Verdum: Rúa Real, 46. Pontevedra

  • Empresas sociais:

Campa s.l. A Coruña
CEIDA – Educación Medioambiental. Oleiros
Cidadania – Aplicacións Sociais.
Compostela
Cooperactiva Cultura.
Compostela
E.T.L. Paspallas
Pontevedra
Migallas Teatro.
Pontevedra
Signo – Ingenieria del Territorio.
Ames

  • Centros de Ensino:

CEIP Portonovo. Sanxenxo
Colexio Filipense Sagrada Familia.
Vilagarcia de Arousa
CEIP Portonovo. Sanxenxo
CEIS Antonio Blanco Rodriguez.
Covelo
CPI Maside.
Maside
EIS Anton Fragua.
Compostela
EEI de Amil.
Moraña
IES Maximo Romero De Lema.
Zas
IES Pontecaldelas.
Pontecaldelas

IES Castro Alobre.
Vilagarcia
IES Fermin Bouza.
Vilagarcia
 IES Escola Proval.
Nigran
IES Vilalonga.
Sanxenxo

  • Asociacións:

Amigos da Terra. Ourense
Asociación Adenco.
Ponteareas
Asociación Arela.
Compostela
Asociación Xuvenil Abertal.
Vigo
Asociación Cultural Algaravia.
Ourense
Asociación Grastonomica A troita armada.
Compostela
Coordinadora Galega de ONGDs.
Compostela
Implicadas no Desenvolvemento.
Vigo
Scouts de Galicia.
Compostela
Xuventude Comunistas de Galicia.
Compostela
Verdegaia.
Compostela

INICIATIVAS DE CONSUMO RESPONSABLE

AMARANTE aposta pola autoorganización dos consumidores/as. En Galicia podedes atopar Comercio Xusto en varias iniciativas de Consumo Responsable e Consciente:

A Cova da Terra: Noreas, 12. Lugo
Arbore Coop. Consumo: Arquitecto Bellas, 5. Vigo
A Xoaniña: Venezuela, 78. Ferrol

You may also like...