Quen somos?

principios

AMARANTE Setem somos unha organización galega de solidariedade para o ecodesenvolvemento, prostate que traballa pola superación do capitalismo global cara á xustiza social.

AMARANTE constitúese o 5 de outubro de 1999 en Pontevedra como unha asociación de caracter galego que vincula a ecoloxía e a solidariedade, prostate máis concretamente o campo do ecodesenvolvemento e a sensibilización para a cooperación.

A 1ª Asemblea Nacional (Pontevedra, purchase 4.11.00) serviu para aprobar o manifesto ideolóxico de Amarante de análise da realidade Norte-Sur e as liñas estratéxicas para un modelo de solidariedade galega

A 2ª Asemblea  Nacional ( celebrada no 2.001 ) analizou a apostou por unha clara liña de converxencia para a construcción dun espacio galego de solidariedade.

En outubro do 2.002, AMARANTE celebrou en Pontevedra a súa 3ª Asemblea Nacional, onde se abordou entre outros temas a consolidación da súa estructura organizativa e a extensión ás distintas comarcas de Galicia, despois dun período de consolidación en Pontevedra e a súa comarca.

A 4ª Asemblea Nacional –Extraordinaria- (18.02.03) supuxo a entrada de Amarante no campo de Comercio Xusto coa incorporación da Tenda A Factoría do Sur de Pontevedra e a creación do Centro Alternativo, o que permitiu unha tímida  profesionalización da súa estructura.

Na súa 6ª Asemblea Nacional (celebrada en Santiago de Compostela o 14 de febreiro de 2004) aprobou as liñas de traballo de Amarante no campo novo da Cooperación Económica, unha vez analizada a realidade de que non existe unha cooperación feita desde Galicia e de caracter estratéxico.

A 7ª Asemblea Nacional –Extraordinaria ( 29.05.04) serviu para aprobar o ingreso na Federación SETEM e para plantexar a necesidade de dotarnos dunha Planificación Estratéxica.

En xuño de 2.004 incorporámonos á Federación Setem e abrimos o proxecto Crisol en Vigo con IND ( que duraría ata setembro de 2.007 )

A 8ª Asemblea Nacional (Vigo, 12.03.05) aproba o  Plano Estratéxico 05/09.

A 9ª Asemblea Nacional  (Pontevedra, 24.09.05) decide trasladar a sede central a Compostela ( en decembro dese ano ábrese a terceira tenda de Comercio Xusto en Compostela )

O 2.007 é un ano de resultados importantes  en asuntos internos: aprobase o Protocolo Organizativo e Financeiro ( na Directiva Nacional do 26.07.07 ) A 12ª Asemblea Nacional (Compostela, 06.10.07) aborda a primeira renovación profunda da Directiva Nacional e crease un Equipo Técnico Executivo.

Para o proxecto político tamén é un ano clave: Asinase o convenio de colaboración con Verdegaia ( decembro 2.007 ) que tería a súa primeira plasmación na apertura do local e tenda de Ourense.

You may also like...