Soberanía Alimentar: Comercio xusto no Sur e no Norte

Dia_Comercio_Xusto_09

AMARANTE leva varios anos dándolle un caracter reivindicativo ao día do Comercio Xusto para que se converta nunha data política máis do calendario transformador e altermundista. Así coma o 8 de marzo é o día de loita feminista, shop o 17 de abril é o día da loita labrega ou o 1 de maio o día da clase obreira e as súas reivindicacións, try o día do comercio xusto non pode seguir sendo reducido a unha xornada de ventas ou exposicións senón ten que converterse nunha data chave de denuncia do comercio internacional. 

Este ano a data coincide cunha crise sistémica global, con especial intensidade na crise alimentaria, polo que parecíanos importante facer un esforzo por afianzar procesos  converxentes xa en marcha centrando a reivindicación no dereito a soberanía alimentar.

En todo caso nos houbera  gustado que a convocatoria fora máis ampla aínda pero de tódolos xeitos cremos que é un paso importante o feito de que organizacións sociais, cooperativas de consumo e o Sindicato Labrego Galego se poñan por primeira vez dacordo para facer unha xornada unitaria en 6 localidades galegas. Especial importancia social e mediatica ten o feito de que o sindicalismo agrario participe desta xornada xunto con organizacións de comercio xusto xa que vai a server para visualizar diante da sociedade a conxunción de intereses entre os pequenos produtor@s do norte e do Sur, sendo necesario coma di o lema da campaña: polo comercio xusto no norte e no sur.

Os actos que terán diversos aspectos reivindicativos e lúdicos pivotaran sobre mercados transparentes onde os asistentes poderán comprobar a diferencia entre existente entre os produtos na orixe e o que as grandes areas cobran aos consumidores e consumidores. A denuncia dos alimentos viaxeiros que percorren o mundo, a existencia de distribuidoras multinacionais que explotan aos produtor@s do Sur e tamén do Norte.

Día do comercio xusto: Amarante, Arbore, Emaus, Gradicela, Semente, SLG e Verdegaia centran o día do Comercio Xusto na Soberania Alimentar 

Organizados por Amarante, Arbore, A Gradicela, Emaus, Semente, SLG e Verdegaia realizaranse actividades nos seguintes puntos:

–    A Coruña. Praza do Obelisco

–    Compostela. Praza 8 de marzo ( rúa de San Pedro )

–    Ourense. Praza Maior

–    Pontevedra. Praza de Curros Enriquez

–    Ribadeo. Os Cantóns ( praza de España )

–    Vigo. Gran Vía

Os horarios serán de maña, salvo Ourense e Compostela que realizaran actividades ao longo de todo o día. No caso de Compostela as actividades coinciden coa feira da primavera que coma tódolos anos organiza a asociación de veciñ@s A Xuntanza.

A X Edición da Semana Galega de comercio Xusto pechase cunha denuncia sobre a débeda ecolóxica sobre o Sur

A X edición da Semana Galega de Comercio Xusto volveu a superar marcas.

Organizada conxuntamente co SLG e Verdegaia e contando coa participación da Universidade de Santiago de Compostela, estivo centrada no Consumo Responsable e Cambio Climático.

A xira de Mariam Sissoko, responsable da CNOP de Mali e coordinadora de Via Campesiña en Africa serveu para coñecer de primeira man a situación que viven as pequenas produtoras africanas. A xira de unha semana levouna por toda Galicia, desde Ribadeo a Vigo, de Pontevedra a Ribadavia, pasando por Monforte, Compostela ou Betanzos. O interes espertado durante as charlas e encontros foi especial. ( queremos agradecer tanto a Mariam Sissoko como as activistas interpretes Laura Liñares e Tania o traballo desplegado ).

A Semana Galega de Comercio Xusto iniciouse o martes 21  cunha rolda de prensa na que participaron a propias Mariam Sissoko, a secretaria xeral do SLG, Carmen Freire e a directora de Amarante, Fernanda Couñago. O interes amosado polos medios de comunicación – axudado en parte polo peche “temporal” do Club Internacional de Prensa que obligou a realizar dita rolda de prensa na rúa – xa facia ver o interes dunha aposta como a da SGCX xa consolidada.

Durante a cita activistas de Amarante e Verdegaia fixeron actos de rúa en diferentes cidades – Pontevedra, Compostela, Ourense e Vigo – para denunciar diversos aspectos relacionados co cambio climatico

O Seminario sobre Cambio Climático xuntou a máis de 100 participantes

En colaboración coa USC a faculdade de Matematicas albergou entre o 24 e 26 de abril o Seminario Consumo responsable e cambio climático

Durante 3 días, preto de 100 alumnas e alumnos da universidade de Santiago de Compostela, xunto con persoas e organizacións que traballan polo consumo responsable e contra o cambio climático debateron e reflexionaron, compartiron opinións e intercambiaron propostas de cara a enviar unha mensaxe clara a cidadanía e a comunidade universitaria: “O cambio climático é un problema global que afecta especialmente aos países do sur, cos cales temos unha enorme débeda ecolóxica.

O consumo responsable ten un gran potencial a hora de loitar contra o cambio climático e para  evitar o colapso ambiental cara a que imos […] Somos conscientes de que é preciso un cambio de rumbo, un xiro “copernicano” e que debemos avanzar nel facendo que cada persoa poida participar de forma individual e colectivamente coas súas accións diarias. Baixo unha filosofía: pensar globalmente e actuar localmente.”.

Neste ámbito organizáronse 3 grupos de traballo adicados a: “cambio climático e débeda ecolóxica”, “consumo para a transformación social” e “movementos sociais e alternativas” nos que se traballaron e analizaron os distintos factores que causaban o cambio climático. e nos que se elaboraron unha serie de propostas que dende a comunidade universitaria se poden realizar para loitar contra o cambio climático.

Froito deste traballo, saíron unha serie de conclusións e propostas que queremos enviar a seguinte mensaxe a comunidade universitaria, aos estudantes e persoal docente, aos PAS e altos responsables da universidade e finalmente a institución como tal.

You may also like...