A RA mobilizase en favor dos sectores máis vulnerables á crise

ra01

O Comité dinamizador da RA reunido en Compostela o 8 de xuño acordou iniciar unha etapa de mobilizacións. A RA organizará  ACTOS RA-VOLUCIONARIOS o próximo xoves 9 de xullo ás 20, sildenafil 00 horas, cando menos en A Coruña, Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, coincidindo co próximo cumio do G-8.Ditos actos serán concentracións de protesta pero que teñan un toque orixinal (performace ou outra actividade chamativa).Non imos permitir que refunden o Capitalismo, melloren os seus beneficios e pisen os nosos dereitos.

INICIATIVA APOIO AS PERSOAS INMIGRANTES

Estase a producir, conicidindo coa crise, un retroceso nos dereitos das persoas inmigrantes (claro exemplo diso é a construcción da Europa fortaleza e o tratado da vergoña).No estado o anteproxecto da reforma de lei de estranxeira supón un ataque aos dereitos humanos e persigue dificultar á vida as persoas migrantes.A RA, e os colectivos e as persoas que a conforman, imos a asinar o manifesto elaborado polo Foro da Inmigración aprobado na recen celebrada ASEMBLEA GALEGA DE MIGRANTES E EMIGRATES RETORNADOS contra dito anteproxecto.Asemade, imos participar e apoiar a manifestación que en favor dos dereitos dos inmigrantes vaise a celebrar en Compostela o sábado 27 de xuño á partir das 12,00 horas en Compostela.

INICIATIVA EN APOIO AOS GANDEIR@S GALEGOS E O SECTOR LACTEO

A PAC e as políticas neoliberais seguidas polos distintos gobernos centrais e da Xunta teñen posto nunha situación de exterminio aos pequenos produtores do noso país. O dominio do mercado e da política dos prezos polas grandes distribuidoras están a deixar na indefensión aos nosos gandeiros e gandeiras.O próximo mércores 17 o Sindicato Labrego Galego ten convocadas tractoradas en A Coruña, Lugo, Compostela, Chantada e A Mariña.A RA expresa o seu apoio a tales mobilizacións pois entende que se trata claramente da consecuencia de políticas sistémicas que persegue eliminar ás pequenas explotación e poñer toda a alimentación ao servizo das grandes compañías.O día 17 a web da RA e as distintas webs dos colectivos, blogs e outros espazos da rede van a levar adiante unha tractorada virtual.Asemade a idea e ter presenza no apoio as tractoradas e convocar ao remate da de Compostela ( ás 13,00 horas en Salgueiriños ) ou en A Coruña ( diante da delegación do goberno ) actos lúdicos de apoio.A RA solidarizase cos labregos e labregas galegas e amosa o seu apoio ao SLG que están a manter unha actitude de valentía e dignidade diante do illamento ao que os queren someter.

You may also like...