Amarante apoia a loita do pobo hondureño para a restitución de Zelaya

honduras

O pasado día 28 de Xuño producíase un golpe de estado en Honduras que provocaba a saída do presidente electo Zelaya do país e elevaba de xeito ilegal a Micheletti ó poder. Dende ese día foron moitos os acontecementos sucedidos: organización da Fronte Popular, sovaldi ocupación das rúas polo pobo, click fortes enfrontamentos entre os militares e o pobo organizado, declaración do estado de sitio, etc.

Tradicionalmente Honduras foi un país utilizado para intereses dos EEUU pola súa situación estratéxica, entre Guatemala, Nicaragua e El Salvador, países con grandes resistencias ó colonialismo. Esta utilización tamén serviu para conservar no poder durante décadas á oligarquía do país, que se aproveitou economicamente da situación e permitiu a entrada de grandes transnacioais que empobreceron cada día máis á poboación hondureña.

A chegada do presidente Zelaya e sobre todo a súa traxectoria nos últinmos tempos serviu para dar forza ó pobo e restarlla por tanto ás poucas familias que controlaban tantos os medios de comuniación como os de produción. A entrada de Honduras no ALBA, o traballo cara unha reforma agraria e por último a posibilidade dunha transformación da constitución fixo tremer de medo á oligarquía e provocou a decisión de tomar o poder de xeito fascista e polo tanto sen o apoio do pobo. A pesar dos cortes de luz, as baixadas de velocidade en internet e os cortes dos medios de comunicación as informacións da loita continúan a chegar. Son miles de persoas as que se están a mobilizar diariamente e que nestes momentos camiñan cara Tegucigalpa para recibir a Zelaya no seu regreso. Case unha semana despois todas as organizacións civís inernacionais e entidades como a OEA ou gobernos da UE e EEUU, teñen mostrado a súa postura en contra do golpe de estado e solicitado a restitución de Zelaya no posto que lle corresponde.

O sábado Zelaya regresará ó país, apoiado polas bases sociais e pola comunidade internacional, o que non asegua de todos os xeitos a súa seguridade nin a restitución do goberno libremente elexido polo pobo hondureño. É por esto que debemos seguir presionando ata asegurarnos de que os dereitos do pobo son respectados. Amarante expresa o seu apoio e esixe a restitución incondicional do presidente electo polo pobo hondureño.

You may also like...