Cultura organizativa

CULTURA ORGANIZATIVA E ESTILO DE TRABALLO DE AMARANTE

1.        PARTICIPACIÓN E FACTOR HUMANO

A.     Fraternidade. Para o modelo de organización que queremos construír é fundamental o factor humano. Os valores da convivencia son clave. Non só se trata de defender ideais de xustiza social senón incorporalos na nosa estructura organizativa.

B.      Compromiso Consciente. Apostamos por que as persoas integrantes se comprometan na toma de decisións e na posta en marcha dos diversos proxectos. Sabemos da complexidade do tempo de cada quen, sovaldi por eso apostamos polo mantemento das figuras da persoa socia e da colaboradora. Creemos errónea a figura da persoa voluntaria  que esta sendo utilizada por diversas organizacións para ter man de obra gratuíta e para a administración librarse de compromisos sociais ata o de agora que formaban parte dos resortes sociais do “estado do benestar”. 

C.     Paridade. O empoderamento da muller é clave para a transformación social e polo tanto debe reflectir en Amarante. Nos movementos sociais, cunha maior participación das mulleres no activismo e nas estructuras a paridade non é unha reivindicación de porcentaxes -non se trata só de mellorar a relación mulleres/responsabilidades- senón fundamentalmente que o espírito da visión feminina da realidade empape á organización. 

D.      Persoas socias, activistas e doantes. Para Amarante é clave á participación dos seus membros, por elo intenta que as persoas que se asocien teñan claro o seu proxecto político ( dereito á formación interna ) e que asuman unha actitude participativa activa ( sexan activistas ). Non obstante somos conscientes de que os ritmos e os compromisos persoais limitan moitas veces a participación, por elo existen persoas asociadas que sen estar no día a día forman parte, xunto coas persoas activistas, do núcleo asociativo de amarante. Tendo tódolos dereitos e as obrigas.  

 

As persoas socias e as activistas son as donas dunha organización independente que non ten padroado nin control externo.

Por outra banda existen persoas que queren colaborar con nos sexa a nivel de participación esporádica ( voluntarias ) ou económicas ( doantes ) pero que non teñen tempo para asumir compromisos ou mesmo non asumen de xeito integral o proxecto de Amarante. Neste caso escoitamos a súa voz pero non teñen voto nin obrigas formativas.

2. DEMOCRACIA E AUTONOMÍA 

A.     Democracia participativa. A estructura de Amarante permite que na toma de decisións haxa un equilibrio entre democracia, necesaria para crear unha organización participativa, e un organigrama claro en competencias clave para o avance dos proxectos e dos programas.   

B.      Caracter Nacional. O caracter nacional de Amarante permite un equilibrio entre a necesaria centralización globalizadora do proxecto e a autonomía que permita a iniciativa das partes, fuxindo dos localismos. Entre as metas de Amarante está configurar un proxecto nacional con presencia organizada nas cidades e vilas do país, superadora do minifundismo e capaz de xerar presión a niveis locais e autonómico. A estructura local nun proxecto así é un elemento vertebrador tanto de efecto extensivo coma de formación e incorporación de novos activos. 

C.     Órganos de dirección e Equipos de traballo 

–   Asemblea Nacional e Encontro de Activistas

Na Asemblea anual ordinaria de persoas socias, unha vez ó ano a principio de ano, e na orientación de traballo (no Encontro Anual ao comezo de curso) é importante que participe o maior numero de persoas  próximas ou colaboradoras de xeito que as decisións de Amarante impliquen ao maior numero de persoas posibles.

Cada dous anos a Asemblea Extraordinaria renova a directiva nacional e analiza posibles reorientacións estratéxicas. 

–    Directiva Nacional

Órgano de decisión e debate político. Formado por Presidencia, Vicepresidencia, Dirección, Administración (Secretaría / Tesourería) e Vogalías + Coordinadoras comarcais.

Celebraranse reunións semestrais coas persoas contratadas para a mellora da motivación e a escoita de dificultades e suxerencias.

A Directiva Nacional debe ter unha periodicidade mínima: trimestral.

–    Executiva Nacional

Órgano executivo coordinado pola directora e conformado polas persoas responsables dos campos de actuación (educación e sensibilización, cooperación e solidariedade, e comercio xusto), así como unha persoa responsable de comunicación e outra de formación. AS persoas que conforman este órgano non son necesariamente contratadas, mesmo é bo que unha parte sexan activistas non contratadas.

A Executiva Nacional debe ter unha periodicidade mínima: mensual. 

–  Areas

Comisións

O funcionamento das comisións sectoriais son fundamentais para a  elaboración teórica, a planificación e para a renovación e ampliación de novas responsables do proxecto. Estas son:

Dependentes da area de Educación e Sensibilización:  

– Comisión de Educación

– Comisión de Consumo Responsable

– Comisión do Xanela aberta ao Sur

Dependentes da area de Cooperación e Solidariedade:  

– Comisión de Cooperación e Solidariedade

Dependente da area de formación:  

– Comisión de Formación

A persoa responsable encargada de dirixir o traballo destas comisións debe permitir establecer unha relación positiva entre a iniciativa individual e traballo en equipo.

As Comisións sectoriais debe ter unha periodicidade: trimestral.

Departamentos

Existen outras dúas areas de actuación de Amarante que polo seu aspecto fundamentalmente técnico e o seu traballo especializado se vehiculizan por medio dun departamento técnico composto por un grupo reducido de persoas que faciliten a súa xestión: Departamento de Comunicación e Departamento de Comercio Xusto.

– Grupos Comarcais

Nas localidades os grupos comarcais que fagan actividades na zona van a contar con autonomía con respecto á Directiva Nacional, podendo e debendo planificar actividades propias unha vez cubertas as campañas e iniciativas nacionais.

A Asemblea Comarcal esta conformada por tódalas persoas asociadas e activistas, reunirase como mínimo unha vez ao ano ( ao inicio do curso ).

O Consello Comarcal, conformada polas activistas, reunirase alomenos trimestralmente como elemento de incorporación de novas persoas ao proxecto de Amarante, asemade de ser a mellor escola de formación

Os grupos locais elixirán unha directiva comarcal composta por Coordinadora Comarcal e Vicecoordinadora comarcal, máis unha técnica de apoio aló onde exista esta figura.

ORGANIGRAMA:

organigrama

 

 

3. METODOLOXÍA E XESTIÓN

A.     Capacidade de Xestión. A máxima participación non debe estar reñida cun grao de “profesionalidade” á hora de traballar. A consecución de proxectos que afectan a terceiras persoas (parcerías) ou o mantemento dunha tenda de comercio xusto (que debe rexerse tamén con criterios comerciais) nos obriga a tomar con seriedade o noso traballo. Cada quen debe comprometerse ao que pode (desde o cero ó infinito) pero debe saber respostar ao seu grado de autoexisencia.

B.      Planificación e avaliación. A necesidade de planificación e avaliación vai desde cada actividade concreta ata a nivel xeral coa elaboración de planos estratéxicos, seguindo o CICLO DA PLANIFICACION.

C.     Recursos Materiais. A aposta por locais integrais ( oficina, centro de recursos e tenda ) son un elemento fundamental do noso desenvolvemento. A experiencia tennos demostrado que os gastos fixos non medran, namentres que se converten en puntos de contacto e de difusión importantes, á vez que nos permiten experiencias económicas alternativas. O perfil de Amarante alónxase da simple oficina.

D.     Diversidade e transparencia financeira. O modelo financeiro de AMARANTE basease en tres piares: autosostibilidade financeira estructural, transparencia pública e diversidade de fontes de financiación.

A autosostibilidade pasa pola autofinanciación da estructura con recursos propios. A transparencia debe estar baseada na publicación dos resultados contables e na realización de auditorías independentes. As subvencións públicas e privadas terán un caracter finalista. No caso destas últimas non poderán entrar en contradicción con principios que guían Amarante.

4. POLÍTICA COMUNICACIÓNAL DE AMARANTE

A.     Elementos Comunicativos de Estilo.

– Galego idioma oficial de Amarante.

– Léxico adecuado a un discurso estructural.

– Imaxe respectuosa coas persoas.

– Linguaxe non sexista.

– Linguaxe non belicista

B.      Imaxe Corporativa. Debemos coidar a imaxe corporativa como parte central da nosa mensaxe. Unha imaxe excesivamente descoidada ou excesivamente frívola afectan gravemente á credibilidade do proxecto. Por outra banda, debemos poñer atención aos cambios de interese das persoas.  Adecuar os medios de difusión tradicionais – cartas, folleto, revista,.. – a formatos e estilos acordes coas demandas sociais. Por outro lado avanzar nos novos medios de transmisión de información – ecolóxicos e rápidos – como o Correo electrónico ou Revista electrónica/páxina web. Amarante ten un MANUEL DE IDENTIDADE VISUAL (MIV) que debe respectarse en toda canta actuación se leve a cabo.

C.     Comunicación Externa.

Medios de comunicación. Debemos darlle a importancia que teñen os medios, facendo un traballo serio tanto de información como de relación cos e coas xornalistas. Moitas veces aspectos transgresores que desde a política non se admiten polas empresas editoras, permítense na información social. En todo caso a imaxe e a mensaxe debemos traballala para axudar a achegarnos a un segundo círculo de persoas ó que non chegamos directamente.

Non se trata de saír por saír nin banalizar a nosa mensaxe

Novas Tecnoloxías. Os novos soportes de comunicación de masas (Webs, Correo electrónico, Portal especializado, Blogs, Wiki,… ) son un recurso claro polo que conecta cós novos movementos sociais, a parte mais dinámica da sociedade.

Revista Soligariedade.

D.     Información Interna. Unha información interna é clave para manter niveis de participación importantes, pero a súa vez serven para que no momento que algunha persoa socia se queira incorporar ou reincorporarse a actividade despois dun período de inactividade se encontre ao día.  Faise necesario elaborar un protocolo de comunicación interna necesario para unha organización vertebrada de xeito expansivo xeográfica e sectorialmente. A Axenda Interna vía internet  é un medio clave de información e democratización interna.

As listas de distribución de internet son un elemento importante de horizontalizar o debate e permeabilizar a difusión dos temas.

Ademais da lista de información interna ( axenda ) e información externa ( xeral ) existiran listas de activistas comarcais (activistas.comarca) e listas de información comarcal (info.comarca).

Integración das ferramentas de Software Libre en toda a estrutura de Amarante, tendo en conta que se basean en conceptos de construción de alternativas e traballo colaborativo.

You may also like...