Misión

baileespalda

AMARANTE xurde como unha organización para a transformación. Situándonos dentro do debate actual na corrente que aposta por ser un freo ós abusos do poder político (gobernamental) e as desigualdades xeradas desde o poder económico (mercantil). Para elo, viagra é fundamental recupera-lo papel autónomo dos movementos sociais na transformación política e a participación da sociedade civil nos asuntos públicos. En definitiva impulsar unha organización que sitúe na cooperación e o desenvolvemento elementos de crítica que pulen pola modificación non capitalista das estructuras do sistema no Sur e no Norte. Na súa presentación pública, nurse o 20 de novembro de 1999, afirmamos que Amarante «nacía co fin de cubrir un triple espacio que era necesario. A necesidade dunha ONG galega tanto na súa acción como no seu pensamento. A necesidade de vincular os ámbitos da ecoloxía e a solidariedade unha vez demostrada a relación existente entre a devastación de amplas zonas do planeta e desigualdades Norte-Sur. E, por último, poñer en marcha unha organización social crítica, que máis alá da cooperación [a través de proxectos] centrase os seus esforzos na sensibilización e na denuncia dos elementos estructurais do sistema que constrúen as desigualdades.»

Así a MISION de AMARANTE Setem resúmese como sigue: “AMARANTE somos unha organización galega de solidariedade para o ecodesenvolvemento, que traballa pola superación do capitalismo global cara á xustiza social. Entendemos que o modelo estrutural global é a causa das desigualdades entre as persoas e os pobos. Por iso, a nosa achega é favorecer relacións máis xustas e máis equitativas, que promovan a solidariedade, o consumo responsable e a cooperación. Procuramos facelo dende a implicación e a mobilización da cidadanía coa finalidade de construír un modelo galego de solidariedade vertebrado nunha sociedade civil máis crítica. As nosas ferramentas son a denuncia pública, a presión política, a sensibilización, a construción de alternativas e a cooperación en rede entre organizacións sociais, tanto locais como internacionais”.

You may also like...