Principios

AMARANTE Setem é unha organización Transformadora, for sale Galega, Ecoloxista, Cidadá, Altermundista, Intercultural e Feminista.

TRANSFORMADORA Vivimos cada vez unha maior indefensión política e social. A privatización do que ata hai ben pouco representaban importantes resortes de redistribución da riqueza a nivel rexional e mesmo a nivel internacional deixa os sectores máis desfavorecidos do norte e do sur indefensos fronte os abusos dun poder económico brutal e dun poder político despótico global. O capitalismo no seu afán de xerar o máximo beneficio non respecta ás persoas nen ao planeta. As crises son sucedidas por novas crises de xeito cíclico destruíndo para elo recursos humanos e medioambientais. Nese senso, tratase dun sistema non só homicida senón suicida. Diante desta situación faise necesario un traballo de sensibilización que axude a crear conciencia crítica sobre os mesmos elementos xeradores de inxustiza e un traballo de acción global que nos permita superar o actual sistema como xeito de reequilibrar o planeta.

soligacadro

GALEGA. Traballamos por un modelo galego de solidariedade que implique á sociedade civil nun novo internacionalismo. Apostamos por unha cidadanía galega aberta e solidaria con outros pobos partindo do necesario compromiso diario co noso. No campo da solidariedade moitas ONGs son meras delegacións recadatorias de proxectos que intelectualmente se pensan noutras partes. Desde AMARANTE asumimos o reto da elaboración intelectual como parte do proxecto en si, sen que dita vertebración nacional sexan incompatible coa colaboración con proxectos doutros lugares.

ECOLOXISTA. Hoxe sabemos que tralos grandes desastres ecolóxicos existen problemas de desigualdades fondas e de aproveitamento inxusto do planeta e viceversa que os desequilibrios humanos son bases para importantes desastres ambientais. Nunca desenvolvemento e sostibilidade estiveron relacionados no seu destino. Apostamos por un modelo sustentable, e por tanto promovemos un cambio de actitude no xeito de producir e consumir no Norte que permita o desenvolvemento do Sur.

fsm09 

 

CIDADÁ. Nos  tempos da praxes do “fin da historia” e da filosofía do  “pensamento único” e unidireccional, o carácter laico dunha organización transformadora é un valor en alza. Non se trata só de ser unha organización  autónoma de poderes económicos, políticos e relixiosos no senso tradicional do termo, trátase tamén de ser capaces de manter unha liña de pensamento autónomo fronte a presións mediáticas ou de pensamento.

ALTERMUNDISTA. Facemos unha aposta pola construción de alternativas globais ao capitalismo neoliberal. Estas propostas viran da acción global e en rede de diversos movementos sociais e cidadáns que co-participan de xeito activo en foros de reflexión e alianzas de acción. Estes movementos sociais e a cidadanía global son os novos suxeitos revolucionarios do século XXI.  AMARANTE entende a solidariedade coma un factor de cambio global. Tratase de construír un neo-internacionalismo fundamentado na incorporación da cidadanía galega á revolta global.

 

mascaras 

INTERCULTURAL. Vivimos nunha sociedade cada ver máis diversa e permeable. Fronte aqueles que ven ás persoas como man de obra e as culturas como elementos a homoxeneizar, apostamos pola diversidade humana e cultural. Rexeitamos calquera xeito de racismo e xenofobia con aquelas persoas que por motivacións económicas, sociais ou políticas teñen que emigrar en busca dun futuro mellor coma tamén con aquelas minorías culturais que conviven con nos desde fai séculos.  Estamos convencidos que na mestura esta  o futuro e na defensa das culturas locais, comezando pola defensa da nosa cultura e lingua.

FEMINISTA. A loita pola emancipación e o empoderamento das mulleres é clave nunha organización que aborda a loita contra as desigualdades nun mundo onde a pobreza ten rostro de muller. Que se asegure a igualdade de oportunidades de acceso aos recursos que respondan ás necesidades específicas das mulleres é necesario para conquerir unha sociedade máis equilibrada. Rexeitamos  como elementos culturais aqueles que oprimen aos seres humanos comezado pola violencia machista, a escravitude laboral, a explotación sexual e o patriarcado que oprime ás mulleres e aliena aos homes. Apostamos por unha sociedade na que os saberes e os modos de facer femininos sexan valorados como importantes aportacións cara a mudanza dos modos de relación actuais entre as persoas e os pobos.

mst

You may also like...