Proxecto Político

AMARANTE nace coa firme convicción de ser un punto de inflexión na dinámica contraposta entre ongds estatais que usan Galicia como campo de operacións, no rx centradas maiormente na captación de recursos económicos, here e pola outra banda unha morea de microorganizacións cun traballo de sensibilización social importante pero sen capacidade de incidencia institucional e sen resortes de expansión xeográfica.

A construcción dun modelo galego de solidariedade clave para que a sociedade sinta como algo propio o traballo internacionalista e a cooperación cos países do Sur, salve necesitaba e necesita dunha organización galega que xenere elementos estratéxicos de intervención social e abrangue de xeito organizado o conxunto do espacio territorial do país.

Desde a 2ª Asemblea Nacional de Amarante ( celebrada no 2.001 ) apostamos por unha dobre vía que fixera posible a construcción nun prazo medio dese espacio de solidariedade.

Por unha banda situando os elementos organizativos que nos permitiran reforzar e estender máis aló da localidade de orixe o proxecto político e organizativo de Amarante.

Por outra iniciando un traballo de converxencia parello que permitira crear proxectos estables con outras ongds de caracter local.

O Crecemento de Amarante nestes anos ten moito que ver pola conxunción da aposta pola creación dun espacio galega da solidariedade tanto na súa busqueda de alianzas coma na dun crecemento extensivo propio cara a novas localidades.

A experiencia da Rede Xusta nos demostrou que non chega para  poñer en marcha proxectos comúns coa afinidade ideoloxico-cultural, senón que tamén é clave unha metodoloxía organizativa clara que aposte por un certo grado de concreción practica segura.

No 2.003, a iniciativa conxunta de xentes, organizadas ou non, participamos nunha serie de reunións encamiñadas a crear un  espacio común da solidariedade galego.

A realidade é que o tecido asociativo galego é moi feble, ten asumido un certo grado de resistencialismo ou esta nun proceso de declive. Pola contra observamos como existe un amplo sector de persoas que hoxe actúan e participan sen moita convicción en ONGDs estatais próximas aos seus criterios ideolóxicos na medida en que no atopan un espacio forte galego capaz de xerar ás ilusións necesarias como para volcar as enerxías necesarias.

Dos diversos encontros propiciados pola iniciativa soamente cunha ONGD fomos capaces de concertar un proxecto concreto: O proxecto Crisol en Vigo con IND.

A pesar da proximidade política e ideolóxica as relacións entre Amarante e IND demostraron o difícil que é concluír un proceso de converxencia orgánico, antepoñéndose aspectos de salvagarda de identidades organizativas.

A CGONGDs é reflexo da dinámica na que esta a solidariedade en Galicia polarizada entre estructuras foráneas con estratexias de crecemento centradas en dinámicas recadatorias e unha morea de organizacións con escasa implantación, ambas necesitadas dunha estructura paraugas máis preocupada pola defensa dos intereses particulares que na loita contra as desigualdades sociais.

Así, a medida que a nosa participación na CGONGDs se facía máis difícil polas posicións corporativa, encontrabamos acomodo nun amplo abano de redes e alianzas baseadas nos obxectivos comúns.

A pesar de todo AMARANTE segue aberto a traballar na busqueda de procesos de confluencia que permitan construír instrumentos máis autosostidos e de caracter estratéxico.

O acordo impulsado con Verdegaia no 2007 significou un punto de reconducción da nosa política de construción dun proxecto de solidariedade con incidencia social e influencia institucional.

Observamos como o traballo desde a trasversalidade faise necesario por razóns de globalización da loita pola xustiza social senón que aporta novos elementos de análise e actuación e permite descorporativizar o noso traballo.

Verdegaia, SLG, Altermundo, asociacións e cooperativas de consumo ou de financiación ética, Foro da Inmigración, FSGal ou outras iniciativas antisistemicas son espazos construídos desde a nosa colaboración e coa nosa participación. Redes e Alianzas que de seguro están a axudar a avanzar o proxecto político e organizativo de Amarante e a madurez dos nosos activistas.

1.       ELEMENTOS PARA UN MODELO GALEGO DE SOLIDARIEDADE

Dos elementos definitorios de Amarante se desprende, tanto nos seus principios coma na súa Misión, a prioridade de traballar por construír un modelo galego de solidariedade.

Máis aló de elementos definitorios máis ou menos recorrentes, espazos comúns de moitos e moitas, seis son as cuestións que deberían ocuparnos no desenvolvemento dun modelo galego de solidariedade baseado nos seguintes elementos definitorios:

– Un novo internacionalismo. A solidariedade con outros pobos como factor do cambio propio. Creemos na interconexión da máxima “pensar globalmente, actuar localmente”. Somos solidarias e solidarios con outros pobos partindo do necesario compromiso diario co noso. A autoorganización da solidariedade non responde a un capricho particularista ou a preconceptos ideolóxicos senón a unha necesidade. Tratase de buscar a mellor resposta que permita mobilizar as mellores aptitudes da nosa cidadanía para unha dobre tarefa de transformación interna e internacional.

– Unha solidariedade que aborde elementos estructurais.  O modelo de solidariedade que sexamos capaces de construír vai ser definitorio para orientar un modelo alternativo social diferente ó que se mostra dominante en este momento.

Os países do Sur son países empobrecidos. A súa situación é froito dun cúmulo de elementos estructurais (evolución histórica, evolución económica, colonialismo, gobernos despóticos,…) nos que con toda seguridade os elementos endóxenos teñen menos importancia que os hexóxenos e onde a vontade e capacitación laboral das súas xentes son elementos residuais á hora de entender o problema. Proxectos de axuda particularista ou de apadriñamento crean unha imaxe deformada da cuestión no Norte e no Sur.

Lonxe de transferencia exclusiva de capitais que reproducen aqueles efectos perniciosos do modelo ou crear estructuras dependentes da axuda exterior ou da intervención gobernamental ou paragobernamental.

Lonxe da pornografía da pobreza. A forza dunha imaxe desenfocada por necesidades da propaganda non crean conciencia so axitan vontades necesitadas de apaciguar diante dun estilo de vida cada vez máis alienante, aparte de ser boas campañas para engrosas as contas bancarias de determinadas organizacións creadas desde estructuras mediáticas ou de poder.

A_vida_segun_nike

– Papel da sociedade civil nas mudanzas para unha sociedade máis xusta. Vivimos cada vez unha maior indefensión política e social.  Á pequena marxe dos poderes públicos  limitado polo inmenso poder das grandes transnacionais faise aínda menor pola escasa valentía dos gobernantes e da súa anorexia intelectual acrecentada polo asfixiante pensamento único. Xunto con esto, a privatización do que ata hai ben pouco representaban importantes resortes de redistribución da riqueza a nivel rexional e mesmo a nivel internacional deixa os sectores máis desfavorecidos do norte e do sur indefensos fronte os abusos dun poder económico brutal e dun poder político despótico.

Faise necesario un movemento social vertebrado polos movementos cidadáns capaz de xerar unha alternativa globalizadora no plano do pensamento e das ideas (reflexiva), da acción e da articulación cívica e impulso democrático (democrática) e do mercado como consumidores (comercio xusto, finanzas éticas).

– Visión Globalizadora fronte a unha globalización ás costas das persoas. Hoxe sabemos que tralos grandes desastres ecolóxicos existen problemas de desigualdades fondas e de aproveitamento inxusto do planeta. Pero máis alá, sabemos que o planeta ten uns recursos limitados que impoñen un novo modelo de desenvolvemento que permita un reparto xusto dos recursos sen comprometer o futuro das vindeiras xeracións. Apostamos por un modelo de desenvolvemento universalizable, e por tanto promovemos un cambio de actitude no xeito de producir e consumir no Norte que permita o desenvolvemento do Sur.

– A autonomía como elemento clave da prioridade do compromiso estratéxico. A autoorganización da cidadanía é un elemento de madurez democrática e de profundización nas conquista sociais. Os recentes acontecementos no mundo, e tamén particularmente en Galicia, teñen demostrado o papel clave da cidadanía en momentos de crise.  A autonomía dos movementos sociais, a súa estructural  independencia de pensamento e de acción, son unha garantía de cambio de estructural do sistema.

– Politización da cotidianidade. Os cambios necesario para outro mundo posible esixido polos movementos sociais desde Porto Alegre pasa por alternativas políticas pero tamén por alternativas de vida. A nosa incidencia sobre gobernos esta relativizada polos tempos electorais como cidadáns pero é diaria cando a exercemos como consumidores.

Tratase de avanzar nun novo modelo de consumo que pivote sobre tres elementos relacionados dialecticamente, polo tanto interrelacionados:

  • Consumo Consciente.
  • Presión Política. Campañas de denuncia de sensibilización.
  • Construcción de Alternativas: Comercio Xusto, Finanzas éticas…

 

2.       DIMENSION SOCIAL E PÚBLICA

A.     Traballo de base. Tratase de a peza clave do avance do noso ideario. O traballo de convencemento persoal, do boca a boca, das actividades día a día, é insubstituíbel por ningunha outra formula coñecida ou por descubrir (efecto bolboreta).

B.      Creación de Redes. Temos dito que nos queremos formar parte dun enramado social por construír que permita á sociedade civil e ós movementos sociais ter o papel necesario para un cambio social profundo.

Por outro lado a participación en foros ou espazos son iniciativas necesarias que asemade de axudar a explicar o noso proxecto nos vacinan contra o dogmatismo.

Hoxe participamos en diversas redes estables que debemos impulsar e afortalar.

C.     Integración e Antisectarismo. O sectarismo tan arraigado na nosa sociedade é un elemento a desterrar da practica social. Por outra parte as organización temos moitos problemas de participación que en parte teñen que ver con dinámicas  endogamicas  a superar. Temos o convencemento que a radicalidade do discurso non debe ser necesariamente un impedimento para vertebrar proxectos con incidencia social e influencia institucional e facer chegar a súa mensaxe a toda a sociedade.

D.     Política Institucional. A nosa política institucional, tanto coa administracións públicas como con empresas privadas debe basearse na independencia filosófica, política e económica. A nosa aposta pola autonomía debe ser clave neste aspecto sabendo conxugar a liberdade de actuación co máximo respecto institucional posible. A posibilidade de convenios de caracter estratéxicos, mais aló de acordos puntuais,  con institucións públicas e privadas debe servir para establecer marcos de colaboración no que se respecte a nosa autonomía.

E.       Independencia e apartidismo. A independencia de administracións, institucións, empresas e forzas políticas debe ser clara. O apartidismo e un elemento central sendo incompatible con ningún posto dirixente ou técnico de Amarante as responsabilidades políticas ou técnicas de administracións, cargos dirixentes ou de representación de partidos políticos.

F.       Relacións coas parcerías. Amarante aposta por unha relación coas parcerías do sur baseadas no respecto mutuo e na política de apoio e acompañamento. Se trata de vertebrar unha solidariedade efectiva lonxe de visións paternalistas. Colaborar con aqueles movementos sociais que no Sur poñen en cuestión, desde unha intervención democrática e dunha acción directa non violenta, os elementos estructurais do sistema. Axuda de respaldo internacional, de divulgación, de actuacións comúns,… e unha practica multifocal que nos permita un dialogo e un traballo en diversos aspectos.

G.       Non violencia. Detrás dos conflictos mundiais encontrase a loita pola riqueza e o seu reparto. A violencia nunca esta detrás dun proxecto transformador, non só por motivos éticos, senón porque estamos convencidos que os medios condicionan os fins.  Os cambios sociais cara a unha sociedade máis xusta e  sostible van vir dados pola concientización e a incorporación de maiorías sociais a propostas de cambio.

You may also like...