Amarante cumple 10 anos virada cara ao futuro

flor_10_anos

O próximo 3 de outubro AMARANTE cumpre 10 anos. Lamentablemente non se ten a posibilidade de celebrar o decimo aniversario dunha organización social tódolos días. E aínda que 10 anos non é nada, find moitas cousas teñen mudado neste tempo que nos teñen obrigado a ir adecuando as nosas ideas ao mundo do capitalismo global co que nos tocou lidiar e combater co fin de ser efectivo na nosa misión, sen traizoar os nosos principios e non renunciando aos nosos obxectivos. 

Cando en outono de 1.999 un grupo de tres persoas, arroupadas por uns “magníficos” asesores, constituíamos AMARANTE na cidade de Pontevedra non podiamos imaxinar, nin nas mellores das nosas expectativas, que o proxecto de solidariedade galego, critico e ecosocial coma o definimos naquel intre, ía a ter o despliegue que despois tivo nin a incidencia social e influencia institucional que chegou a adquirir. 

Faise moi difícil resumir brevemente o que significaron estes 10 anos.

 A nosa base social pasou de 5 a 257 persoas. Os nosos orzamentos de 300 € a máis de 300.000 € anuais. Pasamos de traballar desde un ciber da rúa San Antoniño a ter cinco sedes locais . Fomos chaves en asentar en Galicia iniciativas coma o Comercio Xusto, as Finanzas Éticas ou a Compra Pública Responsable.

No traballo de cooperación colaboramos co MST na construción da escola de formación “Florestan Fernandes” e na escola rexional do estado Piauí. Co MCCH traballamos para posibilitar o salto ao cacao orgánico. E dimos apoio ás denuncias das compañeiras de Athawassoul desde Tanxer.

Sensibilizamos, concientizamos e denunciamos. As multinacionais galegas do téxtil, ADZ e Inditex, tiveron que lidiar con nos. Polas nosas actividades formativas  pasaron miles de persoas e co Xanela viaxaron ao Sur máis de dous centenares.

Sabedores de que non estamos sos fixemos esforzos, as veces incomprendidos ou estériles, por entendernos con outros. Incorporámonos a Setem, impulsamos a ISAP e a RA, e sobre todo construímos lazos invisibles pero firmes con Verdegaia, SLG, Agareso, casino Altermundo, Foro da Inmigración, …

Mesmo alguén nos dixo que nos metiamos onde non debiamos cando encabezamos a Plataforma contra o racismo en Pontevedra ou nos incorporamos a GNSV. Fixémolo e volveriámolo facer porque a nosa visión do mundo e global e a loita dos indíxenas en latinoamerica por rachar coas cadeas da dependencia colonial son tan importantes como as loitas do noso pobo, da nosa xente – independentemente da etnia ou raza – , das nosas labregas e dos nosos mariñeiros.

Pero todo o feito non é nada diante do que temos por facer. A construción dun proxecto de neo-internacionalismo require moito traballo, moita perseveranza e moita intelixencia … aínda que iso o contaremos dentro doutros 10 anos.

Agora toca disfrutar e celebrar. Preparamos unha festa con moito máis voluntarismo que medios, pero nela queremos que esteades todos e todas, os que estades en Amarante, os que ides a estar no Amarante do futuro pero, sobre todo os que estivechedes na historia de Amarante e sen as que hoxe non estariamos aquí.

Disfrutade da festa, e sobre todo compartide con nos o xantar de confraternización que faremos o sábado 3 de outubro ás 14,00 horas na praza do Teucro en Pontevedra.

O menú: empanada, polbo, carne ao caldeiro / churrasco e sobremesa. O prezo: 20 euros.

Apúntate no correo: administracion@amaranteong.org ata o día 30 de setembro

Te esperamos veñas soa ou acompañada.

Podedes consultar a programación no blog http://amaranteong.org/soligariedade onde se iran publicando ás novidades ( que as haberá e moitas )

You may also like...