Asociación de Mulleres Amprodec. Moçambique

A  Associaçao Agropecuaria das Mulheres de Changalane –  AMPRODEC- , pharmacy foi fundada en 1.996; recoñecida xuridicamente o 20 de xaneiro de 1.998 na provincia de Maputo, distrito de Namaacha. Inicialmente constituída por 15 membros, actualmente conta con 215 membros, todas mulleres da localidade de Changalane-Sede.

A iniciativa da constitución desta asociación foi para o desenvolvemento de actividades de modo a resolver os problemas que afectan especialmente a muller tais como a educación dos fillos, agricultura, gandería, vivenda e saúde.

Traballa por grupos que conta cunha coordinadora. Planificase o traballo da finca de xeito colectivo e o resto dos traballos da producción pecuaria.

AMPRODEC ten unha implicación na comunidade importante. Grazas a súa presión conquerironse a ampliación da escola primaria e a mellora do consultorio e a loita para que se converta en centro de saúde. Fai un traballo de concienciación da necesidade de alfabetización de todas as persoas

AMPRODEC é unha asociación de axuda mutua de mulleres Mozambicanas que a través da agro-gandeiria procuran a solución aos problemas socioeconómicos dos seus membros por medio da capacitación organizacional, institucional, programática e técnica.

Entre os seus proxectos cabe destacar:

  • Financiación de microcreditos para un “aviar de abate”.

  • Alfabetización de adultas da comunidade

  • Construción dun muíño ( moangera ) para moer millo.

  • Construcción dun escritorio.

  • Construcción dun almacén para gardar as racións de comida das galiñas poñedeiras e dos polos.

  • Normalización do rego. Un pozo de auga ( furo ) con depósito e motobomba.

  • Compra de 1338 polos nun primeiro lote e outros 2500 nun segundo momento.

Actividades:

Actividade pecuaria: galiñas poñedoras, polos de abate e 50 cabezas de vacas para 25 familias. As primeiras femias que nacen voltán á asociación, e así sucesivamente.

Actividade agrícola: trátase dunha agricultura de autoabastecemento e biolóxica.Posúen unha finca de 300 Ha, das cales 12 Ha son dunha finca colectiva da asociación. O resto está repartido en parcelas por familia. Cultivan basicamente millo e este ano comezan coa mandioca. Están a espera de instalar o sistema de regadío, a base de pozos con deposito. Cada familia ten a súa horta para sustento.

Os beneficios que se obteñen da machamba colectiva son para a asociación.

You may also like...