Asociación de Mulleres Attawassoul. Marrocos

tanxerATTAWASSOUL ( “dialogo” en árabe ) é unha asociación de mulleres obreiras do téxtil da cidade de Tanxer.

Tanxer é, remedy xunto con Casablanca, viagra os dous principais focos de producción do téxtil no norte de África e un dos principais centros de producción para as multinacionais do norte no seu proceso de deslocalización.

As mellores condicións socio-laborais de Marrocos, así como a facilidade, froito da falla de liberdades políticas e de corrupción administrativa, teñen xogado a favor de que esta cidade norafricana hoxe sexa receptora de mano de obra feminina do rural marroquí ata o punto que hoxe calculase que na cidade, construída en barrios marxinais polos propios traballadores, hoxe viven perto de un millóns de persoas.

Calculase que son 50.000 as persoas que nos talleres, legais e clandestin os, traballan no téxtil. A maioría dese volume son mulleres ( ata un 80% ).

Ao inicios dos anos 90 houbo unha persecución do traballo sindical producíndose despidos en masa. Esto significou un duro golpe aos dereitos das traballadoras, impedindo na practica calquera actividade sindical.

No ano 2.000 a raíz da participación dun grupo de mulleres no encontro en Barcelona da Campaña Roupa Limpa, plantexouse a necesidade de articular a defensa dos dereitos das traballadoras arredor do asociacionismo e moi ligado a presión que exercen os consumidores. É así como speelautomaten nace no ano 2.003 a asociación de mulleres ATTAWASSOUL, que desde ese momento tense definido como un grupo de apoio as mulleres obreiras.

O obxectivo principal de ATTAWASSOUL é un traballo de acompañamento e apoio ás mulleres ,que na súa maioría veñen do rural en busca de novas condicións de vida e son desconsideradas social e familiarmente. Sen poder na toma de decisións familiares, con violencia na rúa e institucional – ao que se veu a engadir a presión dos sectores do islamismo fundamentalista –  son nembargantes o único soporte economizo das familias nunha poboación onde o home esta no paro.

Dentro das  actividades de ATTAWASSOUL tres son as fundamentais:

1. Defensa das condicións laborais das traballadoras. A asociación colabora coa Campaña Roupa Limpa na denuncia das condicións laborais das traballadoras do téxtil.

Cabe recordar que o informe sobre a producción en Tanxer no que o traballo de recollida de información o fixo a asociación ATTAWASSOUL observaba que se estaba a traballar para as multinacionais na seguintes condicións:

  • Xornadas laborais interminables. Aínda que o código laboral do 98 rebaixou de 48 a 43 a xornada laboral semanal esta non se cumpre e as horas extras  son obrigatorias.

  • Salario Mínimo de 150 €/mes. O normal é que as traballadoras estean recibindo un salario de 70 €/mes

  • Non  se aplica a obrigatoriedade de estar de alta na Seguridade Social.

  • Condicións de saúde laboral inhumanas. Normalmente se trata de talleres sen ventilación. onde so poden ir ao servizo dúas veces ao longo da xornada laboral.

  • Sen liberdade sindical. Dereito recoñecido pero incumprido.

2. Traballo de Alfabetización. Existe entre a poboación feminina de Tanxer un analfabetismo que chega ao 70%. A asociación fai un traballo de alfabetización necesario.

3. Traballo de lecer e formación. As posibilidades de lecer e crecemento persoal son, entre as mulleres de Tanxer, nulas. O ocio esta pensado para os homes e as mulleres están excluídas del. E por elo que a asociación centrase tamén en buscar posibilidades de lecer ( saídas culturais os festivos ) e iniciativas de formación ( obradoiros con garderías ).

You may also like...