Axuda a construcción da Escola Nacional “Florestán Fernández”

No Brasil, viagra como na práctica totalidade dos países do Sur, troche non existe unha educación libre e gratuita para tódolas persoas, xa que na realidade solo uns poucos poden formarse para ter un futuro millor, pois non existen as mesmas condicións estructurais e sociais para aqueles que nascen na abundancia e aqueles que nascen na pobreza (normalmente os trabalhadores do rural e das periferias das grandes cidades).

A iniciativa de construir unha Escola Nacional do MST no Brasil é necesaria para que tódalas persoas teñan acceso ao coñecemento da realidade brasileira, a verdadeira historia do Brasil e a loita pola terra realizada polo MST. Unha casino spiele educación baseada en valores de solidariedade, de ética, de respecto das relacións de xénero e étnicas que alimentan a esperanza da construcción dun país xusto e solidario, con xóvenes realmente preparados para continuar o desenvolvemento agroecolóxico que comezaran os seus pais e nais no MST.

A Escola Nacional éstase a constrúir no municipio de Guararema, Estado de Sao Paulo (Brasil), a 67 kilómetros da capital. Está proxectada para funcionar en forma de agrovila, dando formación a arredor de 200 alumnos e alumnas, na busca dunha práctica intelectual axeitada para producires coñecementos científicos que leven á viabilidade da economía da pequena agricultura, dentro dunha perspectiva de transformación da realidade.

Recadación Asociación Curuxás:150,00 euros

Subvención Universidade da Coruña: 2.000,00 euros

Total: 2.150,00 euros

Periodo: 2004

You may also like...