Centro de formación rural Clovis Moura no estado de Piauí (Brasil)

Construcción e capacitación centro de formación rural Clovis Moura no estado de Piauí (Brasil). O proxecto será implementado na capital do Estado de Piaui , viagra céntrase na creación de infraestructura básica de educación e  posterior proceso de capacitación e de formación dirixida as organizacións de campesiños e campesiñas do  MST no Estado do Piaui. A construcción deste centro  non solo  mellorará o  nivel de formación e educación dos campesiños e campesiñas neste Estado, senón tamén, a promoción da participación dos  campesiños e campesiñas no proceso de  toma de  decisións e na xestión dos recursos dos proxectos. Impulsando un proceso de empoderamento  de xeito que os traballadores  e traballadoras rurais do MST-PIAUI  despreguen as súas potencialidades e amplíen os seus escenarios de intervención.

O proxecto é a primeira fase do Centro de Formación Clovis Moura na que está contemplada a construcción e equipación e desenvolvemento da primeira planta. Veuse a pertinencia de desenvolver esta primeira fase pola necesidade da Asociación de ter un espazo acorde co incremento das actividades e demanda dos beneficiarios.

A Aescapi/MST ata este intre desenvolvía as súas actividades na sede da organización onde as condicións para desenvolver os cursos era moi precaria xa que tamén tiña aloxamento onde habilitaran dúas habitacións con hamacas onde durmían os que recibían os cursos de formación.

Tras anos de traballo nos asentamentos e acampamentos a Aescapi/MST xunto cos técnicos, poboación, etc. Identificaron os reducidos progresos feitos nas comunidades  polas carencias, máis adiante detalladas, dos campesiños e campesiñas. Entre elas, a incapacidade de organizarse, falta de autoestima e descoñecemento de técnicas productivas que mellóranse os seus niveis de vida.

Estas condicións e ante a nova situación con novos Convenios acordados con Goberno do Brasil e Estadual aumentaba a necesidade dun centro de formación rural.

Esta primeira fase pretende ser un pulo para o resto dos movementos rurais da zona que mostraron interese en colaborar co Centro. Na segunda fase se pretende que se incorporen polo tanto o resto dos movementos e traballadores/as rurais e outras institucións universitarias para a coordinación e a implementación do resto do Centro tanto da Construcción da segunda planta como do programa de formación.

OBXECTIVOS DO PROXECTO

Promoción do desenvolvemento rural e play pokies online a melloría das condicións de vida dos traballadores e traballadoras rurais dos asentamentos e acampamentos da reforma agraria coordenados polo Movimento dos Sem Terra no estado do Piaui- Brasil.

Mellorada a formación e capacitación dos traballadores e traballadoras rurais asentados/as e campados/as  para organización, coordinación e productividade dos asentamentos e acampamentos coordenados polo MST no Estado do Piaui.

Resultados esperados

RESULTADO 1: Creado un espazo integral  destinadas a formación, capacitación e aloxamento dos traballadores e traballadoras dos asentamentos e acampamentos da reforma agraria do Movemento dos Sem Terra no estado do Piaui

RESULTADO 2: Aumentado o afortalamento asociativo e organizativo dos traballadores e traballadoras rurais dos asentamentos e acampamentos

RESULTADO 3: Mellorada a capacitación en técnicas productivas e cooperativismo dos traballadores e traballadoras rurais dos asentamentos e acampamentos da reforma agraria do MST.

RESULTADO 4: Acrecentada a formación dos traballadores e traballadoras rurais na organización e coordinación dos asentamentos e acampamentos da reforma agraria coordenados polo MST.

ACCIÓNS A DESENVOLVER

Adquisición do terreo para a edificación do Centro de formación e aloxamento na cidade de Teresina, capital do Estado do Piaui.

Contratación da equipa técnica e man de obra cualificada e tramitadas a autorización do proxecto técnico e a licencia urbanística.

Coordinadas brigadas de traballadores e traballadoras para a fabricación de materiais nos asentamentos e acampamentos así como os turnos de man de obra básica.

Adquisición dos materiais necesarios para a construcción.

Execución da infraestructura.

Execución da estructura da planta baixa, paredes de tixolos e revestimento.

Execución do solados, alicatados, carpintería de portas e xanelas e pintura.

Instalacións eléctricas, telefónicas e hidrosanitarias.

Equipamento das aulas, habitacións e cociña cun espazo adicado as crianzas das mulleres que asisten os cursos

Celebración do Encontro Estatal de educadores e educadoras da reforma agraria.

Celebración do Encontro Estatal de agroecoloxía.

Celebración do Curso Estatal de formación de líderes comunitarios.

Xunta de Galicia: 54.142,78 euros

Amarante/Aescapi: 59.312,61 euros

Total: 113.455,39 euros

Periodo:2006/2007

You may also like...