Dotación de medios de transporte ás organizacións campesiñas de Piauí

Persoas beneficiarias

Poboación beneficiaria directa: 26 comunidades organizadas en 14 asentamentos e 12 campamentos agrupa 2.650 unidades familiares que suman 14.850 habitantes. Poboación beneficiaria indirecta: o resto da poboación rural do Estado que suma 1.417.760 habitantes.

Motivación do proxecto

A limitacións do parque móbil das organización campesiñas do MST no estado cortan a súa capacidade institucional para poder atender a asistencia técnica aos proxectos de agricultura desenvolvido nas comunidades, search o apoio ás escolas dos asentamentos e ás actividades do sector de saúde que se desenvolven nos asentamentos e campamentos.

Obxectivo xeral

Acrecentar a capacidade institucional, diagnosis organizativa e loxística do Movimento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra do Estado de Piauí.

Obxectivos específicos

– Mellora de servizos básicos educativos e sanitarios.

– Mellorar a asistencia técnica dos proxectos agrogandeiros.

– Extender a acción dos axentes do MST e xerar dinámicas de participación comunitaria.

Resultados

Fornecer o  parque móbil do MST de Piauí e reforzar a capacidade organizatica e mobilidade das tres seccións rexionais da Rexión Sul, Medio Parnaíba e Norte, amais dos servizos centrais da Sede Estadual de Teresina.

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade: 5.025,00 euros

Amarante/MST: 1.733,00 euros

Total: 6.758,00 euros

Periodo:2004

You may also like...