Maquita- Cushunchic (MCCH). Ecuador

logomcchA Fundación Maquita-Cushunchic – Comercializando con irmáns ( MCCH ) é unha das principais organizacións de Comercio Xusto de America Latina. No seu seo estan integradas diversas cooperativas de producción.

O seu traballo basease en 10 principios:

  1. Vivimos unha fe liberadora que provoca compromiso e mística con  noso pobo marxinado.

  2. Practicamos unha comercialización equitativa.

  3. Practicamos e esiximos transparencia e honestidade.

  4. Facemos política non partidista.

  5. Camiñamos coa participación activa da xente.

  6. Promovemos a igualdade entre mulleres e homes.

  7. Practicamos a non violencia.

  8. Respectamos e valoramos as nosas raíces culturais e a natureza.

  9. Consideramos á familia como eixe importante no noso camiñar organizativo.

  10. Promovemos a producción e o consumo de productos naturais e sans.

As liñas de acción do MCCH agrúpanse en catro areas:

–     Proxectos de Desenvolvemento Social: son un conxunto de accións executadas en zonas cun alto índice de pobreza. Teñen un enfoque integral, order de autoxestión e integración entre proxectos. Os eixes de traballo son: desenvolvemento persoal, ailment social e productivo.

–     Programas de Formación: o MCCH facilita e promove o desenvolvemento de persoas con principios e valores cara a a construcción dunha sociedade de relacións de equidade e respecto, search e as organizacións son suxeito deste proceso de formación constante.

–     Programas de influencia social: son o conxunto de accións que promoven a xeración de opinións, ideas, propostas e alianzas con outras organizacións para incidir no cambio positivo da estructura e relacións sociais, económicas e de mercado, a favor de persoas e sectores con menos recursos.

–     Empresas sociais: son organización que producen e comercializan bens e servicios en condicións de xustiza, transparencia e honestidade logrando beneficios para a mesma empresa, os seus provedores e clientes, pois o eixe principal da súa xestión son as persoas. As empresas buscan ser competitivas e xeneral rendibilidade que se inverte nos proxectos de desenvolvemento social de MCCH. As empresas Maquita que existen neste momento son: comercializadora, artesanías e alimentos, agroexportadora e operadora de turismo. O MCCH é unha das organizacións máis importantes relacionadas co comercio xusto en Ecuador, moitos dos productos provenientes das súas cooperativas asociadas poden atoparse nas tendas de comercio xusto de Galicia. A  agroexportadora é hoxe en día a segunda empresa exportadora de cacao de Ecuador.

O papel do MCCH é coñecido en toda América Latina ao ser a organización impulsora da Rede Latinoamericana de Comercio Comunitario (RELACC) que agrupa a organizacións de 13 países latinoamericanos.

You may also like...