Movimento dos Trabalhadores Sem Terra (MST). Brasil

logomstO Movemento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra ten nos seus principios tres grandes obxectivos polos que loita: a terra, hospital a reforma agraria e unha sociedade máis xusta. O obxectivo de loitar pola terra busca atender a unha necesidade económica de supervivencia de cada familia que non ten terra. O «sen terra» aspira á terra como unha oportunidade de traballo. Como unha garantía de supervivencia para el e para os seus fillos. Non pensa no enriquecemento nin na especulación, sickness non ten intención de vendela máis adiante, nin conservala como una reserva de capital.

Neste sentido, a terra é unha forma de supervivencia económica, ten un carácter de loita corporativa, sindical igual que cando os obreiros industriais loitan para mellorar os salarios, loitan apenas para mellorar as súas condicións de supervivencia.

Polo tanto, a primeira motivación do movemento é conseguir resolver o problema económico, o problema da supervivencia de milleiros de familias de agricultores, que se atopan sen perspectiva de traballo e que desexan continuar traballando a terra.

O segundo obxectivo, que é a Reforma Agraria, é un obxectivo amplo. Entendese por reforma agraria un conxunto de medidas que teñen que ser tomadas polo goberno para cambiar a estructura dos fundos do país, e garantir a terra a tódolos agricultores que a quixeran traballar. Ademais de esto, medidas complementarias de política agrícola, como créditos, prezos, asistencia técnica, seguro rural, etc., necesarias para garantir a viabilidade e a rendibilidade da pequena producción. Polo tanto, loitar pola reforma agraria é loitar por moitos cambios na agricultura brasileira que van a repercutir a tódolos traballadores rurais, e no só a aqueles que están loitando agora, de forma inmediata, para resolver os seus problemas de supervivencia. Tratase, pois, dun obxectivo de maior amplitude, de ámbito social, que interesa non só ós «sen terra», senón a tódolos traballadores rurais, e tamén ós traballadores urbanos, por razón que veremos máis adiante.

Ó loitar pola reforma agraria, o movemento adquire unha amplitude social maior que as reivindicacións do campo sindical. Non se restrinxe, en absoluto, ós conflictos localizados da loita pola terra.

O terceiro obxectivo do Movemento Sen Terra é loitar por unha sociedade máis xusta. Unha sociedade sen explotadores nin explotados, como di a súa carta de principios. Como se ve, este obxectivo ten un claro carácter político, pois está relacionado coa organización da sociedade e co poder político dentro dela. La implantación dunha reforma agraria ampla, que realmente faga cambios na estructura da propiedade da terra e na forma como está organizada a producción da agricultura, sómente se poderá dar cun cambio no actual poder político, con importantes cambios sociais. Unha reforma agraria depende, esencialmente, da vontade e a forza política por parte del goberno. E seguramente, só será realizada por un goberno claramente identificado cos intereses das clases populares, especialmente os traballadores rurais e urbanos.

Desta maneira, loitar pola reforma agraria no Brasil, é tamén loitar polos cambios sociais e políticos no país.

You may also like...