Programa socioeconómico das mulleres agropecuarias da Asociación AMPRODEC de Moçambique

Potenciación do programa sustentable socioeconómico das mulleres agropecuarias da Asociación AMPRODEC de Moçambique. Mozambique é unha democracia xoven, cialis xa que trala súa independencia de Portugal en 1975 comezou unha guerra civil que rematou en 1992. Isto tradúcese nun Estado que se atopa en proceso de formación e consolidación. Cando a guerra rematou deixou un país sembrado de minas antipersoa, online un Estado e unha sociedade completamente desestructurados e un empobrecemento xeneralizado da poboación.nNo sector da educación, physician aínda que o goberno recolleu nos seus obxectivos ampliar o seu sistema educativo sobre todo nos núcleos rurais e en condicións de igualdade, a realidade é que as melloras son lentas e o analfabetismo alcanza o 36 % dos homes e máis do 67 % das mulleres.

A muller mozambicana, ás dificultades de vivir nun país empobrecido, ten que unir unha discriminación que se extende a todalas facetas da súa vida: escaso acceso á escolarización, maternidade prematura, inexistencia ou mala calidade dos servicios de saúde sexual e reproductiva e outras prácticas sociais discriminatorias.

En canto a realidade económica do país hai grandes diferencias entre o norte e o sur. O norte é máis productivo e parte da producción, tanto individual como de asociacións de campesinos e de cooperativas expórtase a países veciños. Pola súa parte, a producción agrícola do sur do país, no que se ubica Changalane, é de subsistencia, aínda que posúe terras fértiles e propias para o desenvolvemento da agricultura. Nesta zona prodúcese fundamentalmente millo e mandioca.

O sector agropecuario de Changalane está en máns das mulleres, xa que os homes emigran dende xovéns ós países veciños na procura de emprego. Este movemento migratorio está facilitado pola propia ubicación de Changalane, a poucos kilómetros da frontera con Swazilândia e Africa do Sul. Como consecuencia a poboación está maioritariamente constituída polas mulleres, que son as auténticas xefes de familia.

A construcción dunha nova granxa avícola de producción de ovos vai contribuir a diversificar  as fontes de renda, reducir a falla de alimentos e garantir a entrada de diñeiro a curto, medio e longo prazo para as despensas familiares.

Ubicación xeografica do proxecto

O proxecto vai ser implementado en Mozambique, na provincia de Maputo, distrito de Namaacha, concretamente na localidade de Chagalane a 75 km ó sureste da cidade de Maputo, a caital do país. A localidade de Chagalane é a sede do posto administrativo, no que viven 18.000 persoas, sendo Changalane a localidade de mayor población con 4.210 habitantes.

Obxectivos do proxecto

Obxectivo xeral: Mellorar as condicións sociais e económicas de vida da poboación de Changalane.

Obxectivos específicos: Aumentar e consolidar alternativas viables e sustentables de auto-emprego e de rendemento económico para reducir carencias alimenticias e financeiras nas familias das mulleres da Asociación agropecuaria de Changalane e da poboación en xeral.

Actividades a desenvolver

As actividades a desenvolver son:

– Construcción dunha granxa de galiñas poñedeiras de ovos con capacidade para 2.500 galiñas para a venda de ovos, incluíndo a  compra das 2500  galiñas.

– Contratación de persoal técnico para a boa execución do proxecto.

– Formación e seguimento das mulleres no coidado e manexo do aviario e rotación de 36 mulleres da asociación no traballo do aviario

– Venta dos ovos no mercado local e cidade de Maputo e venta das galiñas cando baixa a súa calidade poñedora

– Utilización dos excrementos como abono para as machambas das mulleres da Asociación

Beneficiarias do proxecto

As beneficiarias directas serán un total de 36 mulleres e as súas familias, un total de 134 persoas, que traballarán rotatoriamente na granxa e que recibirán un salario polo seu traballo. Ó ser un traballo rotatorio as mulleres terán tempo para atender as súas hortas e outros traballos comunitarios.

Os beneficiarios indirectos serán o resto das mulleres da asociación (215 mulleres en total) e a poboación de Changalane en xeral (4.120 habitantes) que pasarán a ter máis diversidade na súa alimentación, coa compra dos ovos, ó aumentar o aporte deste alimento ás familias da localidade e ás poucas barracas que preparan comidas na pequena vila de Changalane.

Xunta de Galicia: 68.025,75 euros

Amarante/Amprodec: 9.699,63 euros

Total: 77.725,38 euros

Periodo: 2005/2006

You may also like...