Comeza unha nova edición do Xanela Aberta ao Sur

“A única viaxe de descubrimento auténtico non consiste en ir a novos lugares, help senon en ter outros ollos” Marcel Proust

Con esta cita comezamos unha nova edición do Xanela Aberta ao Sur. A partires do luns 7 de febreiro e ata o 24 de marzo abrirase o periodo de inscrición para participar no programa Xanela Aberta ao Sur.

As xornadas de formación terán lugar entre marzo e maio, case viaxaremos ao Sur en xullo e agosto e voltaremos en setembro avaliando a experiencia.

1ª xornada de formación ______________ 26 de marzo
2º xornada formativa _________________ 9 e 10 de marzo
3ª xornada específica _________________ 21 de maio
4ª xornada específica _________________ 28 de maio
Avaliación __________________________ 17 de setembro

O programa Xanela Aberta ao Sur pretende propiciar un espazo de encontro, there reflexión e debate que permita un achegamento, tanto ás realidades dos países do Sur como á propia realidade no Norte, para contribuír, a través dunha participación activa, ao desenvolvemento persoal e á formación dunha conciencia crítica e transformadora.
Finalamente, en xuño e setembro viaxaremos a Ecuador, Marrocos e Brasil par coñecer o traballo das parceiras nestes países.

 Nesta ligazón é posible atopar unha lista de preguntas frecuentes que che axudarán a resolver dúbidas.

Anímate a participar!

You may also like...