Que é o Centro Alternativo e de recursos para á Solidariedade?

 

O Centro Alternativo e de recursos para á Solidariedade da ONG AMARANTE, patient fundaméntase na necesidade de facilitar un punto de conexión das diferentes publicacións e actividades do campo da Solidariedade e do Consumo Responsable.

Na actualidade practicamente tódalas ONG’S de desenvolvemento teñen publicados materiais diversos para traballo en educación para o desenvolvemento, ou de reflexión das diferentes problemáticas e alternativas que se presentan ante as complexidades que a realidade Norte-Sur nos presenta.

Nembargantes cando unha persoa (ensinante, educador, traballador social, pai ou nai, ….) desexa achegarse a estes materiais ou afondar nas temáticas propias das ONG’S, atopase coa dificultade de que debe dirixirse a cada unha delas para solicitar información ou materiais que podan facilitarlle o seu traballo ou solventar interrogantes diversos ou contrastar informacións recibidas nos medios de comunicación.

Con este centro de recursos para a solidariedade pretendese dar resposta a esta necesidade e ofrecer un servicio áxil e práctico tanto para aquelas persoas que queren achegarse por primeira vez a este mundo, como para aquelas persoas que xa teñen dado pasos e desexan afondar ou ser transmisores dos valores que diversas campañas lle foron facendo cegar.

Por outra banda, o Centro Alternativo trata de ser, xa o é dalgún xeito, un elemento dinamizador de campañas e actividades de sensibilización nas áreas do Desenvolvemento Sustentable –Ecodesenvolvemento- e do Consumo Responsable, en particular no campo do Comercio Xusto xuntando a iniciativa de concienciación coa de comercialización.

Trala experiencia de asentamento en Pontevedra có traslado no ano 2003 a un novo local de 180 metros cadrados onde existen dous espacios ben diferenciados: Documentación e Actividades, este ano quere ampliarse o campo de localización e ábreuse un novo local como Centro de Recursos para á Solidariedade, sito en Santiago de Compostela que conta con 90 metros cadrados no ano 2.004.

Fondo Documental Audiovisuais

Música e lectura. Pódese consultar en calqueira dos centros de recursos de Amarante

Fondo Documental. Exposicións.

Amarante conta cun  importante fondo de exposicións sobre tematica internacionalista e de consumo responsable que podedes solicitar no telefono 886111327 ou escribindo a educacion@amaranteong.org.

Para poder ver as súas fichas tecnicas preme a continuación:

Exposición 100 % attawassoul. Autores: Juan de Sola e Roi Palmás

Exposición Consume ata morrer. Autor: Ecologistas en Acción.

Exposición Comercio Xusto Autor: Amarante.

Exposición Fios soltos da Moda. Autor: Amarante/CRL.

  Exposición Finanzas Éticas. Autor: Amarante/CFE

Exposición Terra. Autor: Sebastiao Salgado.

  Exposición O Soño da Terra. Autoras: R. Veiga / R. Chachero

Exposición Globalización. Autor: Entrepobos.

Exposición Ecuador. Autor: Entrepobos.

CENTROS DE RECURSOS AMARANTE

O CENTRO ALTERNATIVO DE AMARANTE é un espacio aberto posto en marcha por AMARANTE co fin de informar sobre diversos aspectos relacionados coa solidariedade, á vez de ser unha tenda de COMERCIO XUSTO.

O CENTRO ALTERNATIVO en COMPOSTELA conta con varios espacios integrados:Tenda de Comercio Xusto, Sala de exposicións e Fondo documental de préstamo e lectura no mesmo local.

O CENTRO ALTERNATIVO en OURENSE conta con varios espacios integrados: Tenda de Comercio Xusto,Sala de conferencias, Sala de exposicións e proxeccións, e Fondo documental de préstamo e lectura no mesmo local.

O CENTRO ALTERNATIVO en PONTEVEDRA conta con varios espacios integrados: Tenda de Comercio Xusto, Sala de conferencias, Sala de exposicións e proxeccións e Fondo documental de préstamo e lectura no mesmo local.

O CENTRO ALTERNATIVO en VIGO conta con varios espacios integrados:Tenda de Comercio Xusto, Sala de conferencias, Sala de exposicións e Fondo documental de préstamo e lectura no mesmo local.

You may also like...