Comercio Xusto no Norte e no Sur

O movemento do Comercio Xusto como resposta ao comercio capitalista transnacional é unha novidade relativamente recente (pronto se van cumprir 50 anos do seu nacemento en Europa), health aínda que non é tan recente a denuncia do modelo ligado aos primeiros pasos do intercambio mercantil internacional (basta recordar as referencias de Bartolomeu de Las Casas contra o modelo de explotación do algodón por parte da coroa española xa no século XVI).

O Comercio Xusto é unha actividade comercial baseada nunha relación directa e de respecto mutuo, patient na que productores e consumidores obteñen a garantía de producción baseada no respecto ós dereitos humanos e no desenvolvemento autosostible Amarante aposta polo Comercio Xusto como unha actividade estable e permanente durante todo ano porque cando falamos de Comercio Xusto estamos a falar dun movemento solidario e económico amplo que busca non só reducir a miseria dos países empobrecidos por medio da axuda senón que persegue analizar en profundidade as causas estructurais desta pobreza e máis aló asentar unha alternativa económica estable e viable ó actual marco económico chamado de “libre mercado”, pero que no fondo configurase como un mercado oligopolio controlado por grandes distribuidoras de comercialización, ligadas a sectores financeiros importantes.

Esta estabilidade é necesaria porque  o Comercio Xusto é unha alternativa precisa para o cambio do modelo desigual do comercio a nivel internacional, que dicta as súas regras na OMC. Porque só dende a estabilidade pódese atender ás necesidades diarias dos pequenos productores do Sur, que lles permita planificar as súas estratexias comerciais a longo prazo rompendo a dependencia das grandes multinacionais que fixan os prezos, podendo así rachar o círculo da pobreza.

Necesariamente se falamos de Comercio Xusto temos que falar de tres cuestións clave: o movemento da solidariedade e a súa evolución, a economía social e a humanización do comercio, e o consumo responsable como participación directa da sociedade.

Consiste en avanzar cara a un novo modelo de consumo responsable que pivote sobre tres elementos relacionados dialecticamente, polo tanto, interrelacionados:

  • Consumo Consciente. Utilización de criterios éticos de elección nunha ampla gama de posibilidades que ofrece o mercado.
  • Presión Política. Campañas de Denuncia e de Sensibilización sobre empresas – RSC– e institucións –CPE -.
  • Construción de Alternativas. Comercio Xusto, cooperativas de consumo, produción orgánica…

Os cambios necesarios para outro mundo posible pasa por alternativas políticas pero tamén por alternativas de vida. A nosa incidencia sobre gobernos está relativizada polos tempos electorais como cidadáns/ás pero é diaria cando a exercemos como consumidores/as. En todo caso, ao sector implicado correspóndelle poñer en marcha os mecanismos comerciais e educacionais para facilitar que unha maioría social poida recuperar o mercado como elemento de intercambio social e cultural e de creación de riqueza tal como o era antes do capitalismo mercantil transoceánico.

Máis información sobre o Comercio Xusto:

Calquera aproximación ao Comercio Xusto obríganos a partir do modelo económico e comercial dominante acentuado nos seus aspectos negativos pola globalización neoliberal, para posteriormente referenciar tres elementos dialecticamente relacionados e en constante cambio: o movemento da solidariedade e a evolución da loita pola xustiza, a economía social ou a posibilidade da humanización do comercio e o consumo responsable como factor cívico de transformación cotiá. 

  1. Xurdimento do Comercio Xusto
  2. Comercio Xusto e Globalización
  3. Comercio Xusto e loita pola xustiza
  4. O selo do Comercio Xusto
  5. Un modelo galego e integral de Comercio Xusto

You may also like...