Compra Pública Ética

A Compra Pública Ética materializa o esforzo das Administracións para dotarse de mecanismos que lles aseguren que os produtos adquiridos como consumidores no mercado, clinic foron elaborados respectando os dereitos fundamentais dos traballadores e traballadoras.

As iniciativas de Compra Pública Ética contribúen a facer máis coherente o consumo institucional cos principios dos servizos públicos e a impulsar unhas políticas de responsabilidade social máis comprometidas por parte das empresas provedoras.

De cotío, os traballadores reciben menos do salario mínimo legal e as mulleres aínda menos, o traballo infantil é habitual e os servizos de vivenda e saúde son pésimos ou inexistentes.

Todo isto repercute nos niveis de desenvolvemento humano de países na maioría das ocasións xa fortemente empobrecidos: a nivel individual os traballadores/as teñen que deixar de mandar ós seus fillos e fillas á escola, non poden pagar servizos de saúde nin menciñas, ás veces nin a súa propia alimentación. Isto lévaos en moitas ocasións a deixar o campo e trasladarse ós cintos de pobreza das cidades.

As adquisicións sustentables son unha solución para integrar criterios de sustentabilidade en tódalas fases dun proceso de compra pública de forma tal de reducir o impacto do consumo sobre a saúde humana, o medio ambiente, as desigualdades sociais mundiais e a calidade de vida das actuais e futuras xeracións.

As administracións pódense converter en actores do desenvolvemento sostible a través das súas decisións de compra pública. A introdución de consideracións de Comercio Xusto nos procedementos de contratación administrativa constitúe unha maneira eficiente de adoptar políticas públicas de consumo responsable. Á vista das considerables cantidades invertidas na adquisición de bens e servizos, a Compra Pública Ética terá efectivamente un impacto duradeiro nas vidas de produtores e traballadores de países en vías de desenvolvemento.

O marco legal europeo da contratación pública permite a integración da variable social, a promoción e a integración dos produtos de comercio xusto e en xeral a compra pública ética sempre que se respecten as regras establecidas polas directivas comunitarias e a lexislación nacional.

You may also like...