Cooperación para a Solidariedade

Amarante entende a cooperación, sildenafil igual cos demais eidos de traballo da organización, como un medio de apoio á organizacións irmáns doutros países cuxo obxectivo sexa a loita contra as desigualdades, e a transformación social e polo tanto a mudanza do sistema capitalista xerador principal de tales situacións.  Este traballo ten dúas liñas de acción: un traballo de denuncia e presión política para mudar normas, políticas e intereses comerciais que provocan desigualdades e pobrezas nos países; e doutra banda o apoio a organizacións do Sur que tamén traballan nesta liña de transformación social, e o facemos a través da aprendizaxe e coñecementos mutuos ou ben a través da transferencia e apoios tanto técnicos como económicos mediante proxectos de cooperación. Todo este traballo solo se pode entender dende unha relación de igualdade, respecto mutuo, de confianza e dun traballo a longo prazo.

O marco de traballo con outros países e organizacións asemade virá limitado polos propios ámbitos de traballo da organización.

Na actualidade temos relación con tres países a través de 3 organizacións cos que traballos 3 eidos diferentes:

Brasil co Movemento dos Sem Terra. Movemento social de referencia mundial que traballa entre outras cousas pola reforma agraria e o acceso á terra de miles de familias labregas.

Ecuador coa Fundación MCCH. Organización que promove a economía solidaria e o comercio xusto.

Marrocos con Attawassoul. Movemento de mulleres traballadoras do téxtil en Tánxer.

O traballo de Amarante no campo da Cooperación non é proxectista senon fundamentalmente internacionalista. A cooperación basease na solidariedade.

O traballo feito dende Finanzas éticas coas represas en Brasil deunos a posibilidade de traballar co Movimento dos Atingidos pelos Barragens, ou nestes últimos meses co Golpe de Estado en Honduras onde líderes sindicalistas, que estiveron en Galicia con nos dentro da Campaña roupa limpa, foron ameazadas e se iniciou unha campaña de apoio ó Fronte contra o golpe de estado en Honduras creou lazos novos e fortaleceu outros que xa se tiñan.

Os contactos iniciados con apoios á redes como Enlazando Alternativas ou na Cumio dos Pobos a través da Federación Setem ten posibilidades de abrir novas relacións aínda que sexan máis de apoio e creación de redes que poidan afianzarse nun futuro.

Parceirías

Proxectos

You may also like...