Interculturalidade

As liñas principais da Directiva do Retorno fan referencia á posibilidade de internamento ata un máximo de 18 meses polo mero feito de non ter papeis, for sale á prohibición de regresar a Europa nos seguintes 5 anos e mesmo ó internamento de menores. Estas cuestións pódense recoñecer como as de máis importancia nesta nova normativa, clinic xa que ademais de endurecer gravemente a situación actual están vulnerando artigos da Decleración dos Dereitos Humanos, buy cialis como o que fai referencia á libre circulación e saída do propio país. Non hai que esquecer que cando se fala de migracións, estamos a referirnos a situacións de desigualdade entre os estados do Norte e do Sur das que os países europeos teñen unha grande responsabilidade en canto á explotación dos recursos naturais, que constitúen o sustento de milleiros de persoas e asemade, da utilización, para o noso propio beneficio económico, de man de obra barata.

Dende Amarante e o Foro Galego da Inmigración, estimamos que este tipo de normativas supoñen unha agresión á dignidade humana, ás liberdades políticas e aos dereitos fundamentais das persoas migrantes. Cremos que esta política común da UE en materia de migracións suporá unha política regresiva de exclusión de cara aos migrantes que non se debe silenciar. Tamén queremos denunciar a demagoxía dos gobernos da Unión Europea que coas súas políticas de restrincion á circulación de traballadores e persoas só se aporbeitan da forza de traballo em momentos de bonanza namentras que ewn períodos de crise alentan dentro das súas poboacións sentimentos xenófobos e racistas que despois din combater.  

AMARANTE traballa no Foro da Inmigración para combatir aqueles políticas de racismo e xenobofia que se dan por parte das lexislacións e por parte de sectores da poboación axitados polo populismo de extrema dereita.

Tamen traballamos contra a xenofobia cara as minorias étnicas existentes aqui fai séculos, coma é o caso da minoria xitana, que despois de séculos de convivencia aínda non teñen recoñecido os seus dereitos e mesmo son aillados en guetos por parte das autoridades com todo o que conleva de marxinalidade.

You may also like...