Liñas de Traballo

AMARANTE desenvolve a súa actividade seguindo catro liñas de traballo: Educación para o desenvolvemento, find Comercio Xusto e Consumo Responsable e mais Cooperación ao Desenvolvemento. Trátase de tres planos de actuación atravesados trasversalvemente por obxectivos orientados á sensibilización social , diagnosis á incidencia política sobre o sector público e privado e á creación de alternativas socioeconómicas.

COOPERACIÓN

EDUCACIÓN É SENSIBILIZACIÓN

En Amarante pensamos que a solidariedade, como calquera outro tipo de actividade, require unha certa formación para poder desenvolvela con eficacia. Facer solidariedade precisa, ademais, ser conscientes da responsabilidade que significa realizar actividades que van a repercutir en maior ou menor medida, sobre condicións concretas de persoas con nome e apelidos. Por estas razóns elaboramos programas encamiñados a formar e sensibilizar ás persoas incorporadas ó movemento da solidariedade.

CONSUMO RESPONSABLE

Cada vez que compramos un producto estamos establecendo relacións comerciais co resto do mundo. Esto, que pode parecer esaxerado, é unha realidade cada vez máis evidente nas nosas sociedades, e pon ós consumidores e consumidoras en situación de incidir sobre as condicións en que se producen os artigos que consumimos . O poder dos consumidores e consumidoras radica na súa capacidade de optar por productos elaborados e comercializados con métodos que aproban e rexeita-los que non cumpren esas condicións. O obxectivo, por tanto, é poñernos diante desa realidade e favorece-la equidade nas relacións comerciais.

COMERCIO XUSTO

O Comercio Xusto é unha aposta por construir relacións comerciais norte-sur equitativas e polo tanto desiguais ás que marca o modelo capitalista global, pero máis alo a sua forza reside na visualización de que outro xeito de relacionarse produtoras e consumidoras é posible. Para AMARANTE o Comercio Xusto é unha liña estratéxica do Consumo Responsable encardinada na Soberanía Alimentar como principio do necesario comercio con xustiza no Norte e no Sur.

You may also like...