Onde atopar produtos de Comercio Xusto

O Comercio Xusto é unha actividade comercial baseada nunha relación directa e de respecto mutuo, unhealthy rx na que produtoras e consumidoras obteñen a garantía de producción baseada no respecto ós dereitos humanos e no desenvolvemento autosostible

Amarante aposta polo Comercio Xusto como unha actividade estable e permanente durante todo ano porque cando falamos de Comercio Xusto estamos a falar dun movemento solidario e económico amplo que busca non só reducir a miseria dos países empobrecidos por medio da axuda senón que persegue analizar en profundidade as causas estructurais desta pobreza e máis aló asentar unha alternativa económica estable e viable ó actual marco económico chamado de “libre mercado”, recipe ask pero que no fondo configurase como un mercado oligopolio controlado por grandes distribuidoras de comercialización, ligadas a sectores financeiros importantes.

Estabilidade necesaria porque  o Comercio Xusto é unha alternativa precisa para o cambio do modelo desigual do comercio a nivel internacional, que dicta as súas regras na OMC.

Porque só dende a estabilidade pódese atender ás necesidades diarias das pequenas produtoras do Sur, que lles permita planificar as súas estratexias comerciais a longo prazo rompendo a dependencia das grandes multinacionais que fixan os prezos, podendo así rachar o círculo da pobreza.

O Comercio Xusto é unha actividade comercial entre as produtoras do Sur e as Consumidoras do Norte nun marco de relacións xustas. Cumple os seguintes criterios:

  • – Garantía de salarios que permiten ter unha vida digna.
  • – Non hai explotación infantil.
  • – Os homes e as mulleres cobran igual salario.
  • – Establecese unha relación a longo prazo e realizanse pagos por adiantado o que permite  planificar con seguridade.
  • – Adicase unha parte dos beneficios a necesidades da comunidade(saúde, educación, formación, etc.).
  • – Respectase o medio ambiente.

 

DISTRIBUIDORA E TENDAS DE AMARANTE

AMARANTE, conta con cinco puntos de venta directos en Galicia. As Tendas de Comercio Xusto de Compostela, Ourense, Pontevedra, Ribadeo e Vigo. AMARANTE centraliza desde a súa sede en Pontevedra a distribucción de produtos importados por Amarante desde os paises do Sur.

AMARANTE Compostela: Avenida Romero Donallo, 17. 15706 CompostelaRotulo_Tenda

AMARANTE Ourense: Avenida da Habana, 64. 32003 Ourense

AMARANTE Pontevedra: Praza da Verdura, 4. 36002 Pontevedra

AMARANTE Vigo: Avenida das Camelias, 114. 36211 Vigo

AMARANTE A Mariña: Praza de España, 29. 27700 Ribadeo

Amarante impulsou os primeiros pasos para o impulso da primeira distribuidora galega de Comercio Xusto. Un fito fundamental foi a importación do azucre Panela que se converte no primeiro produto de Comercio Xusto etiquetado en galego.

Distribuimos produtos importados directamente desde as cooperativas e organizacións do Sur: Azucre Panela (Maquita– Ecuador), Marmeladas (Maquita – Ecuador), Contacontos (Vedruna -Filipinas) e material dos Sem Terra (MST – Brasil).

Os acordos de comercialización coa tostadora catalana Civit permitenos a distribución dos mellores cafés – Gourmet 100% arabica de Colombia, Medium Arabiga de Colombia e Robusta de Tanzania, e o Descafeinado de Colombia – . Asemade a empresa Rampe estucha para Amarante sobre de azucre de cana integral especia para hostalería.

Tamén distribuimos Camisetas de Amarante (Braak Aarong – Bangladesh) e diversos materiais editoriais publicados por Amarante ( Libro de receitas solidarias, Guia do Consumo Responsable, Anuario sobre Comercio Xusto )

A construcción dun modelo galego de Comercio Xusto necesita de mecanismos para achegar os produtos directos a Galicia e o que é máis importante, crear unha maior relación entre as produtoras do Sur e a cidadanía galega.

PARA CONSULTAR PREZOS OU FACER PEDIDOS PÓÑASE EN CONTACTO CON NOS NO MAIL: cxusto(a)amaranteong.org.  OU NO TELÉFONO 986848159. TAMÉN PODE MERCAR DIRECTAMENTE A TRAVÉS DA TENDA ELECTRÓNICA .

IMPORTANTE:

Se vostede tén unha tenda, é hosteleiro ou representa algunha organización, institución, centro educativo ou empresa ten PRECIOS ESPECIAIS PARA MAIORISTA: Descarge a Folla de pedidos e enviea a cxusto(a)amaranteong.org

 

CONVENIOS E ACORDOS DE IMPULSO DO COMERCIO XUSTO

AMARANTE ten asinado convenios e/ou acordos para o impulso do Comercio Xusto en Galicia coas seguintes institucións e empresas


– ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

  • Dirección Xeral de Cooperación da Xunta de Galicia.Convenio para o impulso do Programa Bo Café de sensibilización e comercialización de café de Comercio Xusto.

  • Subdireción Xeral de Familia da Xunta de Galicia. Amarante suministrou Contacontos a rede de escolas infantis .

  • Conselleria de Medio Ambiente.Consumo de comercio Xusto á iniciativa dos/as traballadores/as.

  • SERGAS. Resolución de impulso ao programa bo café dirixido aos centros sanitarios galegos.

– ADMINISTRACIÓN MUNICIPAL

  • Fondo Galego de Cooperación Convenio  para o impulso do Comercio Xusto na administración municipal galega asinado o 23 de decembro de 2.005.

  • Concello de Vigo.Acordo plenario de xaneiro de 2.006, tomado por unanimidade, para impulsar o convenio asinado entre o Fondo Galego de Cooperación e AMARANTE.

  • Deputación de Pontevedra.Resolución de apoio ao programa bo café e incorporación das maquinas de vending de café de Comercio Xusto.

  • Deputación de A Coruña.Apoio en publicación de materiais de sensibilización.

Outros concellos que colaboran con iniciativas de sensibilización e comercialización de comercio xusto:

Ames, A Estrada, Baiona, Barro, Boiro, Caldas, Cangas, Ferrol, Marin, Melide, Nigran, Ourense, O Porriño, Pontevedra, Redondela e Ribadeo.

– ENTIDADES

  • Triodos Bank. Acordo con Ideas, IO e a Federación Setem (da que forma parte Amarante), para promover a CONTA XUSTA de apoio ao Comercio Xusto.

  • Universidade de Santiago de Compostela. Colaboración no marco do Master de Cooperación Internacional e outros seminarios ( RSC, CPE, … ) e compra de produtos de Comercio Xusto

  • Universidade de Vigo.Colaboración no marco de seminarios e divulgación.

  • Universidade da Coruña.Colaboración no marco de seminarios e divulgación, e compra de productos de comercio xusto.

  • Casa da Xuventude de Ourense.Iniciativas de sensibilización e compra de produto de Comercio Xusto (Web)

  • Parroquia de Beluso-Bueu. Campañas de promoción e sensibilización de Comercio Xusto.

– EMPRESAS DE VENDING

  • Alrapid s.l. Vigo

  • BMR Vending. Compostela

  • Consovending s.l. Pontevedra

  • Caffé Espress Vending. Vigo

  • Couto Seoane. Pontevedra

  • Seal Vending. Ourense

– MAQUINAS DE BEBIDAS QUENTES CON COMERCIO XUSTO

  • Axencia Tributaria. Compostela / Augas de Galicia. Compostela / BNG. Sede Nacional. Compostela / Colegio Miralba. Vigo / Concello de Baiona. Casa Consistorial. Baiona / Concello de Compostela. Servizos Sociais. Compostela / Concello de Compostela. Centro Social do Ensanche. Compostela / Concello de Ourense. Ourense / Concello de Nigran. Casa Consistorial. Nigran / Conselleria de Pesca. Delegación. Vigo / Deputación de Pontevedra. Edificio central. Pontevedra / Deputación de Pontevedra. Oral. Pontevedra / Cruz Vermella. Ourense / Escola de Traballo Social. Compostela / Forga-CIG. Compostela / Asociación Galicia Terra de Acollida. Ourense / Viveiros Tomiño. Tomiño /

  •  

  • CLIENTES DE AMARANTE 

Podes atopar produtos de Comercio Xusto nesta lista  de clientes de AMARANTE.

  • Organizacións de Consumidor@s:

Arbore. Coop. Consumo Consciente. Arquitecto Bellas, 5. Vigo

A Gradicela. Coop. Consumo Responsable. Pontevedra

Semente. Asociación Consumo Responsable. Ourense     

  • Tendas alimentación bio: 

Ecotenda Eco Sabor. Pasanteria, 9. Pontevedra

Froitas Fina. Martinez Abellanosa, 25.  O Carballiño

Hortasan. Labregos/as do Ulla. Praza Abastos. Pontevedra

Nutrizzia. Fragata lealtad, 10. Moaña

Sabores de Crianza. Gregorio Espiño, 25. Vigo

  • Tendas artesanía:

Libros para Soñar. Librairía. Triunfo, 1. Vigo

Malleira. Librairía. Bedoya, 20. Ourense  

O Sarillo. Alexandre Boveda. Allariz

  • Hostalería:

A Esmorga. Rúa Telleira, 9. Ourense

Andosan. Facultade de Filoloxía. CUVI. Universidade de Vigo

Aturuxo. Pazos Fontela, 59. Bueu    

Camarú Pub. Teucro. Pontevedra

Casa Rural A Rega. Chancelas. Poio

Catering Mercedes Morigosa. Compostela  

Confiteria La Esquina: Praza de España, 7.

Hotel Lago. Caleiro. Vilanova de Arousa 

O Ramis. Ancleu-Ramis. Pontecaldelas  

O Fogar do Santiso. Traselas. Luou s/n. Teo. www.fogardosantiso.es 

Os Maristas. Praza da Verdura, 5 . Pontevedra     

Puente Peregrino. Camiño de Santiago, 153. Trabadelas. Bierzo

Roi Xordo. Praza dos Mesóns, 3. Allariz 

  • Empresas sociais:

CDR O Viso. Lodoselo. Sarreaux. ( con punto de venda de Comercio Xusto no  CIX de Xinxo de Limia )

CEIDA Educación Medioambiental. Oleiros

Cidadanía Redes Sociais. Compostela

Cooperactiva Cultural. Compostela

Dimensiona Consultora Tecnologica. Compostela

ECOAGA s.l. Ordes

E.T.L. Campa s.l. A Coruña

E.T.L. Paspallas. Pontevedra

Migallas Teatro. Pontevedra

Signo.Enxeñeria do territorio. Ames 

  • Outras Empresas:

Fundación Gomez Franqueira. Ourense

Perruqueria Hair Service. Dario Duran, 18. Vigo

Somosmagenta s.l. Poligono da granxa. O Porriño

  • Asociacións:

Amigos da Terra. Ourense

Asociación Adenco. Ponteareas

Asociación Arela. Compostela

Asociación Cultural Algaravia. Ourense

Asociación Gastronomica a Troita Armada. Compostela

Asociación Xuvenil Abertal. Vigo

Coordinadora Galega de ONGDs. Compostela

Fundación Emaus. Vigo

Scouts de Galicia. Compostela

Sindicato Labrego Galego. Compostela

Xuventude Comunistas de Galicia. Compostela

Verdegaia. Compostela

 

  • MÁIS COMERCIO XUSTO EN GALICIA

O Comercio Xusto en Galicia esta a ter un importante crecemento nos últimos tempos. Este impulso ven ligado a asentamento de proxectos de consumidoras responsables que fan unha aposta pola produción local bio e as pequenas producións, conxugando a soberanía alimentar e o comercio:

A Cova da Terra. ( con tenda ao público ). Noreas, 12. Lugo

Arbore.  ( con tenda ao público ). Arquitecto Bellas, 5. Vigo

A Xoaniña. ( con tenda ao público ). Venezuela, 78. Ferrol

A Gradicela. Pontevedra

Eirado. Compostela

Semente. Grupo de Consumo. Ourense

Zocamiñoca. A Coruña

 

  • COMERCIO XUSTO EN PORTUGAL

 O Comercio Xusto en Portugal esta a dar os primeiros pasos con forza. Na cidade de Amarante abriuse a primeira tenda de Comercio Xusto e hoxe acolle a primeira distribuidora portuguesa.

Tendas de Comercio Xusto do norte de Portugal:

EQUAÇAO COMERCIO XUSTO: Tamega Park. AMARANTE
ALTERNATIVA: Rua Diogo de Sousa, 119. BRAGA 
ALTERNATIVA: Avenida Alcaides de Faria, 397. BARCELOS

Tamen podese atopar tendas de Comercio Xusto en Porto e Lisboa. 

You may also like...