Resposabilidade Social Corporativa

As políticas de Responsabilidade Corporativa das empresas son elementos de capital social que algunhas empresas están a incorporar ainda que a maioría segue a estar moi lonxe das mesmas ou cando se incorpora o fai pensando só en termos de “marqueting social”. Por iso é moi importante o papel das consumidoras na súa implicación en campañas de presión e denuncia.

A CAMPAÑA ROUPA LIMPA

A Campaña Roupa Limpa é unha campaña internacional enmarcada dentro da “CLEAN CLOTHES CAMPAIGN” que opera en 9 países de Europa.

A Campaña Roupa Limpa no Estado Español está coordinada por SETEM e apoiada por máis de 70 organizacións de desenvolvemento, nurse sociais, pills sindicais e de consumidores.

Esta Campaña que coordina Amarante en Galicia ten como obxectivo principal, promover o comercio baseado no respecto á persoa e oponse a aquel que explota a millóns de traballadores/as especialmente a miles de mulleres as máis marxinadas do sector téxtil. É polo tanto o altavoz das reivindicacións das persoas que confeccionan a nosa roupa.

A Campaña Roupa Limpa, a partir do exame do sector téxtil mundial, quere pór de relevo os prexuízos que a actual orde económica internacional ten sobre os países e as poboacións máis empobrecidas no Sur e no Norte.

Durante o seus cinco anos de funcionamento as accións foron orientadas principalmente a informar e sensibilizar, na actualidade, agora pretendese dar un paso máis cara a denuncia e aportación de propostas de mellora da inxusta situación na que viven os traballadores e traballadoras do sector téxtil no mundo.

No Sur o obxectivo é mellorar as condicións laborais e salariais, así como defender os dereitos humanos fundamentais no respecto as persoas.

No Norte, pretende fomentar o consumo responsable entre os cidadáns informando e sensibilizando sobre as condicións en que se fabricaron os productos que mercamos .

Os seus obxectivos son:

  1. Sensibilizar sobre as condicións de explotación de millóns de traballadores e traballadoras do sector téxtil.
  2. Promover un comercio máis xusto e equitativo co Sur.
  3. Promover un consumo máis responsable no Norte.
  4. Denunciar e presionar a empresas multinacionais para que cambien practicas que   prexudican ós países e poboacións no Sur e no Norte, con atención principal ás marcas galegas ZARA e ADOLFO DOMINGUEZ.
  5. Plantexar alternativas e levar a cabo accións concretas que permitan mellorar as condicións sociais e laborais dos traballadores e das traballadoras no Sur.

En resume, sensibilizar a consumidores e empresarios sobre a responsabilidade social que temos todos na compra ou producción de prendas de roupa e animar ós consumidores a esixir ás empresas transparencia e responsabilidade social.

AMARANTE conta con accións das empresas galegas INDITEX e ADOLFO DOMINGUEZ e cada ano durante a Xunta de accionistas das compañias intervimos para comprobar os avances en RSC e denunciar as situacións que estan pendentes.

You may also like...