Semana Galega de Comercio Xusto

A Semana Galega de Comercio Xusto, stuff durante o mes de abril, drugstore está vertebrada en tres espacios claramente definidos. Por unha banda a celebración de un Seminario monografico sobre temas relacionados co consumo responsable ( Políticas Comerciais, stuff Compra Pública Ética, Finanzas Éticas, Mudanza Climatica foron algúns dos temas dos últimos anos)  no que contamos coa presencia de representantes das institucións, organizacións  e expertos nas diferentes tematicas. O seminario soa facerse coa colaboración dunha universidade, nos últimos anos coa Universidade de Santiago de Compostela e coa súa facultade de Ciencias Políticas. Por outra banda sinalar  o Ciclo de Conferencias e debates que teñen como obxectivo a sensibilización e afondamento na problemática das desigualdades comerciais  entre o Norte e o Sur. A Celebración do Día Internacional do Comercio Xusto o primeiro sábado de maio, no que sairemos á rúa para achegar a realidade das relacións de mercado actuais  á sociedade galega. Normalmente un acto ludico e algúnha acción de rúa de denuncia soen formar parte tamén das accións da SGCX.

A metodoloxía para o desenvolvemento das diversas actividades está baseada en técnicas expositivas tales como a clásica conferencia, coa participación de persoas con amplos coñecementos sobre a problemática a tratar, ata as máis innovadoras como os audiovisuais, sen esquecer técnicas experimentais como a posibilidade de degustar e tocar os diversos productos de Comercio Xusto. Deste xeito activamos tódolos sentidos: a vista (exposición) o oído (conferencias, audiovisuais,…) o tacto e o gusto (degustacións).

You may also like...