Concentración en apoio á resistencia hondureña na festa de Amarante

FestaAmarante97

O sábado 3 de outubro en Pontevedra, prescription no marco da festa da Soligariedade que serviu para celebrar o X Aniversario da organización AMARANTE, treatment realizouse unha concentración de solidariedade coa resistencia hondureña que contou coa participación de preto de 200 persoas que asistían a dita celebración.

Entre os asistentes ademais de membros de AMARANTE, estaban presentes membros doutros colectivos sociais galegos coma VERDEGAIA, FORO DA INMIGRACIÓN ou ALTERMUNDO.

Durante o acto deuse lectura dun MANIFESTO ( que reporducimos a continuación ) que facía fincapé na necesidade de restablecer a presidencia de Zelaya e apoiar tódalas accións do Fronte Nacional Contra o Golpe de Estado encamiñadas a tal obxectivo.

 Durante o acto tomouse imaxe do mesmo para ser enviado a nivel internacional e a propia resistencia para amosar a solidariedade da cidadanía galega.

Amarante vai seguir a impulsar, xunto con outros colectivos da Rede Anticapitalista Galega ( RA ! ), iniciativas encamiñas a favor dos intereses populares e democráticos de Honduras

MANIFESTO EN APOIO A HONDURAS

(leido na festa da Soligariedade celebrada en Pontevedra o 3 de outubro)

Tres meses de dictadura, de mortes nas rúas, represión social e mediática e un pobo en resistencia por todo o estado hondureño. Amarante quere aproveitar o seu X aniversario para solidarizarse coa resistencia hondureña e dar resposta ó chamado do Fronte Nacional Contra o Golpe de Estado para a realización de unha xornada internacional con actos de repulsa contra a dictadura instaurada por Micheleti….

Nos últimos días tense  endurecido a represión sobre o pobo, suspendéndose varios  dereitos constitucionais, declarando o estado de sitio e masacrando os movementos que se atopaban no exterior da Embaixada de Brasil apoiando ó presidente deposto Zelaya. Son moitos os comunicados que chegan día a día solicitando que se difunda a grave represión que  a pesar de causar decenas de mortes apenas teñen cabida nos medios de comunicación convencionais.

Historicamente Honduras foi clave en diferentes intervencións militares e pode ser unha plataforma estratéxica perfecta para futuros conflictos na rexión. Esas intervencións pasadas debilitaron ós movementos de base e ó pobo hondureño en xeral. Nada facía presaxiar un movemento de tanta dignidade como o que está a acontecer, e que só ven a reflexar que ningunha forza política nin militar pode acabar coa loita pola liberdade.

Ademais dos intereses comerciais dos EEUU e da UE tamén hai que ter en conta a intervención de certas transnacioanais no Golpe de Estado. Queremos aproveitar este momento para facervos chegar o chamamento de boicot ó consumo dos produtos da transnacional Chiquita que ten o control das plantacións de bananas de case todo o país. Os movementos de Zelaya cara unha economía de base máis social e os achegamentos ó ALBA fixeron disparar as alarmas de empresas, que como Chiquita, manexaban sen ningún tipo control o mercado hondureño.

Apoiamos o traballo e a loita do Fronte Nacional contra o Golpe de Estado, ó que pertencen diversas organizacións como Vía Campesiña, sindicatos ou organizacións feministas, que co seu esforzo están conseguindo que a súa voz sexa escoitada no mundo denunciando os abusos da dictadura e resistindo ata conseguir a restitución de Zelaya e da asemblea constituínte.

Contra o Golpe de Estado en Honduras

Contras os intereses económicos dos estados e as transnacionais

Apoiamos a loita do Fronte Nacional Contra o Golpe de Estado

Apoiamos a liberdade do Pobo Hondureño

You may also like...