O Curso de Compra Pública Responsable ten como principal destinatario o funcionariado

CPR

Aberto o prazo de matrícula para o primerio Curso sobre COMPRA PÚBLICA RESPONSABLE en Galicia.

DATA INICIO DE MATRÍCULA:

Luns 5 de outubro
DATA FIN DE MATRÍCULA:

Venres 16 de outubro

 En datas inmediatamente posteriores publicarase na web da EGAP o listado de persoas seleccionadas.

A inscrición realizarase cumprimentando o formulario tipo ( pdf  307.93 Kb) e enviando por Fax ao 986 848 159 ou por correo electrónico no correo ourense@amaranteong.org.

Toda a información e MATRICULA aquí e na web da EGAP (Escola Galega de Administracións Públicas).

Ante calquera dúbida ou cuestión, cialis pregámosvos que vos poñades en contacto con AMARANTE Setem a través do correo electrónico ourense@amaranteong.org ou no teléfono  988 601 921.

PROGRAMA E DETALLES DO CURSO 330.50 Kb

FICHA DE INSCRICIÓN ( pdf  307.93 Kb)

 Logos_cpr_Xuntos

————————————–
NOTA IMPORTANTE:
————————————–
O curso non será publicado no DOG como se anunciou en un principio e o prazo de matrícula comeza coa súa publicación na web da EGAP.
A actividade terá un recoñecemento oficial por parte da EGAP, generic que se plasmará nos títulos, view diplomas ou documento xustificativos da súa realización, que a EGAP expedirá as persoas interesadas.

O curso que vos presentamos quere responder directamente ás necesidades que desde a as Administracións Públicas nos teñen expresado repetidamente. Con 20 horas de duración, céntrase en coñecer exemplos de boas prácticas e en analizar as posibilidades que outorga a lexislación para introducir criterios nos procesos de contratación en Galicia. Igualmente, presentaremos a primeira das guías dedicadas á “Introdución de criterios sociais e éticos nos contratos de subministración das administracións públicas” (Podes descargala AQUÍ 609.24 Kb), que entregaremos na carpeta coa documentación do curso.

DESTINATARIOS

Número máximo de prazas: 50

Destinatarios/as:

  • Preferentemente persoal ao servizo das administracións públicas de Galicia e especialmente persoas con competencias na contratación administrativa.
  • Responsables políticos que desenvolvan funcións relacionadas coa contratación.
  • Membros de organizacións sociais e entidades relacionadas que traballen en relación coa compra pública responsable.
  • Persoal ao servizo de outras administracións do estado con competencias na contratación administrativa.

CERTIFICACIÓN, HORARIO E CARACTERÍSTICAS

Duración 20 horas.
Horario: de 9:00 a 14:00 horas.
Datas: do martes 27 ao venres 30 de outubro de 2009
Lugar: EGAP, Escola Galega de Administracións Públicas, rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela. (AULA 11)

Certificación: As actividades terán un recoñecemento oficial por parte da EGAP, que se plasmará nos títulos, diplomas ou documento xustificativos da súa realización, que a EGAP expedirá aos interesados.

INSCRICIÓN E MATRÍCULA

 DATA INICIO DE MATRÍCULA: Luns 5 de outubro de 2009 ás 00.00 horas.
DATA FIN DE MATRÍCULA: Venres 16 de outubro de 2009 ás 23.59 horas.

En datas inmediatamente posteriores publicarase na web da EGAP o listado de persoas seleccionadas.

A inscrición realizarase cumprimentando o formulario tipo e enviando por Fax ao 986 848 159 ou por correo electrónico no correo ourense@amaranteong.org 

PROGRAMA

MARTES 27 DE OUTUBRO

Módulo 1.- INTRODUCIÓN
Que é a compra pública responsable? (Víctor Barro)
Novo compromiso das administracións coa cidadanía
A compra pública verde en Galicia (Xan Duro)
Compromiso político dos concellos galegos
Módulo 2.- NORMATIVA (Ignasi Manrubia)
Ferramentas legais para a contratación pública responsable.
Análise da lexislación actual a nivel europeo e español

MÉRCORES 28 DE OUTUBRO

Módulo 4.- EXEMPLOS E BOAS PRÁCTICAS (Jeroni Muñoz)
A “Rede Catalá pola Compra Pública Ética”.
O exemplo do Concello de Manresa.
Experiencia de boas prácticas na contratación en Galicia (Pedro Vila)
Plan de desenvolvemento sostible da Universidade de Santiago de Compostela: iniciativas e atrancos (Dora Blanco)
Comedores escolares ecolóxicos (O Grelo Verde)
Comercio Xusto nas institucións, o programa Bo Café (Ainara Legarreta)

XOVES 29 DE OUTUBRO

Módulo 5.- COMPRA PÚBLICA VERDE (Ana Izquierdo)
Marco político europeo e estatal da contratación pública verde.
Boas prácticas e exemplos de produtos e servizos contratados.
Metodoloxía de integración de estratexias de compra pública sostible. Selos e produtos certificados
Módulo 6.- APLICACIÓN NOS CONTRATOS MENORES (Ignasi Manrubia)
Aplicar a compra pública responsable
Que ter en conta nos contratos menores?
A contratación nos contratos menores: exemplo de aplicación a contratos menores de alimentación e téxtil

VENRES 30 DE OUTUBRO

Módulo 7.- APLICACIÓN NOS CONTRATOS MAIORES (Ignasi Manrubia)
Aplicar a compra pública responsable
Que ter en conta nos contratos maiores?
A contratación nos contratos maiores: exemplo de aplicación de criterios éticos en distintos sectores
Módulo 8.- CONCLUSIÓNS (Víctor Barro)
Retos cara ao futuro e horizonte da compra pública responsable

PERFIL DO PROFESORADO
Ignasi Manrubia Costa – Profesor de Dereito Administrativo da Universidade Pompeu Fabra
Jeroni Muñoz – Técnico de contratación do Departamento de Solidaritat no Concello de Manresa
Pedro Vila López – Ex-subdirector xeral de Contratación da Consellería de Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia
Ana Izquierdo – Responsable de Compra Pública Sostenible (Bakeaz)
Xan Duro – Asociación ecoloxista Verdegaia
Charo Sánchez Parga – Asociación de consumo responsable O Grelo Verde
Ainara Legarreta – Responsable de comercio xusto de AMARANTE Setem
Dora Blanco – Coordinadora do plan de desenvolvemento sostible da Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de calidade.
 
Coordina:
Víctor Barro – Coordinador do programa de Compra Pública Responsable de AMARANTE Setem

You may also like...