Roupa Limpa en Europa impulsa a Campaña “Salarios Dignos en Asia”

chinableu2

Inicia a nivel Europeo a Campaña “Salarios dignos en Asia” (Asia Floor Wage Campaign) onde activistas de 12 países europeos participarán en diferentes actividades esta semana para denunciar os baixos salarios que reciben os traballadores e as traballadoras que confeccionan a roupa que se vende nas grandes superficies. Con estas accións, viagra que se realizarán en torno ao Día Internacional por un Traballo Decente (7 de outubro), a Campaña Roupa Limpa europea presiona cadeas de distribución como Carrefour, Tesco, Aldi ou Lidl para que tomen en consideración a proposta da “Asia Floor Wage Campaign”.

“Empresas como Carrefour, Aldi ou Lidl non poden ignorar por máis tempo as condicións desesperadas que viven as traballadoras que confeccionan os seus produtos”, afirma Jeroen Merk do Secretariado Internacional da Campaña Roupa Limpa.

Asia Floor Wage Campaign é unha proposta de ONG e sindicatos asiáticos que responde ás prácticas dunha industria na que a competencia entre mercados laborais precarios e inxustos mantivo os salarios a un nivel de miseria durante décadas. O salario medio dunha obreira da confección en Asia é duns 2 dólares por unha xornada oficial de 8 horas que se incumpre sistematicamente chegando a superar as 14 horas en momentos de puntas de traballo. Aínda que os prezos en Bangladesh, a India ou China, sexan máis baixos que en Europa ou Estados Unidos, organizacións e sindicatos calculan unha obreira bengalí debería cobrar uns 8 dólares diarios para equiparar a súa capacidade de compra á dunha obreira media da UE.

As organizacións da Asia Floor Wage Alliance estableceron unha metodoloxía baseada no indicador de Paridade de Poder de Compra do Banco Mundial, a partir da cal calculouse o salario que habería que pagar ás obreiras e os obreiros para que puidesen adquirir unha canastra básica de produtos e servizos (475 $ en paridade de poder de compra mensuais).

A pesar da crise e con todo, o custo laboral representaría só un 3% (como máximo) do prezo das pezas que se venden en Europa. Dobrando os salarios actuais, os consumidores e as consumidoras pagarían aproximadamente 60 céntimos de euro adicionais para unha camiseta de 20 euros.

“Unha fábrica pode producir por unha firma internacional e ter un código de conduta laboral, estar limpa e pasar as auditorías das empresas transnacionales, pero se as traballadoras viven na pobreza, a súa situación segue sendo de explotación”, afirma Merk.

Moitas transnacionais esfórzanse por facer públicas as súas medidas de Responsabilidade Social Empresarial pero a realidade das traballadoras, tras máis de 20 anos de políticas de RSE, segue sendo extremadamente dura. A Campaña Roupa Limpa insta a aquelas firmas e empresas de distribución que estean realmente preocupadas polo benestar das persoas que fabrican os seus produtos a que tomen medidas para alcanzar uns salarios dignos.

En Galicia, inicia esta campaña, que se prolongará ó longo de todo o 2010, que terá como puntos centrais a presión ante Adolfo Domínguez e Inditex e as cadeas de gran distribución Carrefour e Lidl para que se incorporen a esta iniciativa e doutro lado varias accións de sensibilización. A primeira en Novembro coas Xornadas En-cadeadas onde será presentada oficialmente a Campaña e en abril o Seminario Internacional sobre salarios dignos na Universidade en Santiago de Compostela.

You may also like...