Amarante fai un chamamento ó Parlamento de Galicia para que condene o golpe de estado en Honduras

O 19 de Outrubro, here Amarante xunto a Acsur Galiza, tadalafil Coordinadora de Crentes Galegas e Galegos, ed Fuco Buxán, Solidariedade Internacional, Verdegaia, Sindicato Labrego Galego e Wipala, fixo un chamamento oficial ó Parlamento Galego para que se posicione como institución pública ante o golpe de estado en Honduras.

A solicitude veu da man do Frente Nacional contra o Golpe de Estado en Honduras, a través de un dos seus representantes, Erasto Reyes, que estivo de visita en Galciia durante os días 16, 17 e 18. O propósipo da súa visita foi artellar relacións con organizacións galegas que poidan dar soporte ós chamamentos de solidariedade que faga o Frente Nacional contra o Golpe de Estado de Honduras, ademais de buscar unha relación a longo prazo que fortaleza loitas de fondo como a resistencia contra os Tratados de Libre Comercio da UE.

Ademais de en Galicia, Erasto Reyes, está facendo unha xira por toda Europa, inluído o Parlamento Europeo en Bruselas, donde solicitou hai unha semana a condena pública do golpe de estado por parte da UE. Pero non solo viaxou para solicitar unha condena do golpe senón tamén para organizar misións de observación que dean conta das graves violacións dos dereitos humanos que se están a cometer no seu país, para que non se recoñezan as eleccións convocadas para novembro se non hai un acordo previo e para recabar o apoio para instalar unha asamblea constituínte que favoreza os procesos democráticos e a participación cidadá.

Durante a visita por Galicia, Erasto reuniuse con representantes do Parlamento, realizou varias charlas contando a realidade que está a vivir Honduras e mantivo xuntanzas con diferentes colectivos. Froito destas xuntanzas realizaouse unha entrevista que será publicada no suplemento de Galicia Hoxe, Altermundo, este domingo día 25, na que se poderá coñecer de primeira man as reflexións e peticións do pobo hondureño.

You may also like...