O concello de ribadeo aposta pola Compra Pública Responsable

O concello de Ribadeo ten sido o primeiro de Galicia en aprobar en Pleno a moción sobre Compra Pública Responsable presentada por Amarante e Verdegaia en case medio centenar de concellos.

A aprobación desta iniciativa é un paso importante no compromiso das administracións locais co Consumo Responsable e o medio ambiente.

Continua o camiño iniciado pola administración autonómica e varios concellos coa incorporación  de comercio xusto nos concursos das maquinas de vending de café.

Agora, case o grupo local de Ribadeo encargarase de facer seguimento para que a moción teña concreción na actuación diaria deste concello de A Mariña.

Amarante xa se ten posto en contacto coas autoridades de Viveiro para que este concello de A Mariña sexa o próximo na comarca en aprobar dita iniciativa.

You may also like...