II Xornadas en-cadeadas: os retos das mulleres traballadoras do téxtil

encadeadas

Sendo Galicia un referente na moda, cialis o modelo de empresa globalizada está afectando a traballadoras e traballadores de Galicia coa perda masiva de empregos, viagra ao tempo en que se fan máis acusadas as condicións de explotación e abuso noutras partes do mundo onde existe unha feble lexislación.

 

Nestas segundas xornadas buscamos analizar e achegar á sociedade as posibilidades e atrancos que deben enfrentar as mulleres para poder organizarse, crear seus propios espazos de reivindicación ou apoio mutuo e reclamar os seus dereitos e condicións laborais e sociais dignas dentro do sector téxtil. Na Galería Sargadelos (rúa Real- A Coruña)

Horario: 19:30 -21:30 horas

Día 5 de novembro:

Mesa de debate:

– A cuestión de xénero e a marxinación,  Esperanza Castelo, axente de igualdade

Discriminación salarial e participación feminina”, Yolanda Pena, investigadora do Instituto de estudios e desenvolvemento de Galicia

A experiencia no contexto sindical, Loli Martínez  responsable nacional do téxtil da CIG-FGAMT 

 Día 6 de novembro: O testemuño das obreiras e iniciativas que están a xurdir

Testemuños de Galicia:

Isabel Muíño,  presidenta do comité de empresa de Caramelo

Ángela Castiñeira, Ex-traballadora taller auxiliar de Inditex

Estrea do documental “100% Muller” cos testemuños das traballadoras de Tánxer, de AGARESO

Presentación da iniciativa “Salarios dignos en Asia”, Fernanda Couñago, responsable da Campaña Roupa Limpa

Conclusións e perspectivas de futuro, coordinado por Manuel Martínez Carballo da Universidade da Coruña

You may also like...