Organizacións sociais consiguen que o Parlamento de Galicia se pronuncie contra o Golpe de Estado

Co acordo de Tegucigalpa-San José roto segue a ser necesario o apoio das institucións públicas e das organizacións sociais ó pobo hondureño

no rx sans-serif;”>Honduras_Enlazando_Alternativas

O chamamento feito por Amarante, pharmacy Acsur-Las Segovias, Coordinadora de Crentes Galegas e Galegos, Fuco Buxán, Solidariedade Internacional, Sindicato Labrego Galego, Verdegaia e Wipala ó Parlamento de Galicia, foi respostado cunha declaración pública en repulsa da situación que está a vivir Honduras.

Os acontecementos da semana pasada, nos que os golpistas rompían o pacto asinado días antes sen ningún tipo de explicación fan que adquira unha especial relevancia a Declaración Pública do Parlamento de Galicia, que se posiciona contra o Golpe de Estado e polo tanto do lado do pobo hondureño.

No chamamento feito polas organizacións sociais non só se facía referencia ó posicionamento do Parlamento de Galicia sobre o Golpe de Estado, senón tamén a que este non recoñeza as eleccións convocadas para finais deste mes en Honduras senón se chegaba a un acordo previo entre as partes. O acordo Tegucigalpa-San José que podía ter restaurado a democracia foi roto o día 5 de novembro polos golpistas, polo que a realización destas eleccións é un intento de lexitimización do golpe de estado e non deben ser recoñecidas por ningún goberno.

Hoxe, día 9 de novembro pódese consultar o último comunicado do Frente Nacional contra o Golpe de Estado en Honduras, no que se fai referencia ó non recoñecemento das eleccións do 29 de novembro e a un chamamento á toda a poboación hondureña á desobediencia civil. Nos duros momentos que lle toca vivir a este país o seu pobo sigue demostrando unha dignidade e capacidade de loita que merece todo o noso apoio e recoñecemento.

Declaracion_Parlamento_Galego_Honduras_27-10-09.pdf

 

 

 

You may also like...