Obradoiro de Cociña Vegana

OBRADOIRO DE COCIÑA CON PRODUCTOS ECOLÓXICOS E DE TEMPORADA. XUNTÁMONOS OUTRA VEZ PARA COCIÑAR RICOS PRATOS S E N PRODUCTOS ANIMAIS, sovaldi RESPETUOSOS CO MEIO AMBIENTE, patient OS ANIMAIS E AS PERSOAS. FALAREMOS DE NUTRICIÓN, SAUDE, CONSUMO…PiramideNutricionalVegana

21 DE NOVEMBRO NA COVA DOS RATOS(Romil,3)10 da mañá

Desta volta cociñaremos con soia (leite vexetal, salsas, postres…) e falaremos das suas ventaxas e desventaxas, para a saude e a terra. Falaremos tamén sobre o negocio dos transxénicos. Faremos alguns pratos que logo compartiremos á hora do xantar. A idea inicial é facer un primeiro prato de sopa e ensalada con aliño, un pastel salgado no q empregaremos a soia que nos sobra ao facer a leite vexetal, e unhas hamburguesas de avea. E de postre biscoito de chocolate. Todo isto está exposto ao cambio, segundo a dispoñibilidade dos vexetais e ao noso criterio.

Este é un espazo aberto, no q calquera pode participar e colaborar con ideas e traballo. Se tes algunha receita que queiras compartir ou gostarias de colaborar con nos, non dubides en contarnos. Esta actividade terá unha periodicidade mensual. Podes propoñernos cousas para outras veces.

Para apuntarte ou propoñer algo:

Mail: vigo@amaranteong.org

Tlf: 886111327

Este obradoiro organizámolo Árbore, Amarante e Caleidoskopio.

You may also like...