AMARANTE incorpora ás súas tendas liñas de produción galega nunha aposta pola Soberanía Alimentar

A política de distribución de Amarante consolida os produtos importados directamente ou por convenios con terceirosecoloxico

AMARANTE segue a traballar en facer do comercio xusto unha ferramenta de cambio no sur e de construción dun modelo galego de comercio xusto que teña en conta tamén as nosas produtoras, sickness no concepto da Soberanía Alimentar.

Importar produtos desde miles de quilómetros, viagra aínda que sexan producidos en condicións de respecto aos dereitos humanos dos produtores, viagra que son producidos na nosa area xeográfica local, é unha ameaza para a mudanza climática e xenera un tipo de agricultura para a exportación e non para as necesidades da poboación.

Nesa liña de Soberanía Alimentar, Amarante acaba de incorporar as súas tendas, inicialmente de Pontevedra e Compostela, produtos de producción ecolóxica e xusta de Galicia atendendo ás demandas dos nosos clientes e tamén online casino no deposit bonus favorecendo aos nosos pequenos produtores/as.

As gamas de produtos que se incorporan, inicialmente son de dous proxectos sociais innovadores: Amorodo, adicados a conservas da zona pontevedresa de Forcarei, e Milhulloa, cooperativa adicada a herboristería tanto comestible como cosmética da zona de Palas de Rei ( Lugo ).

Por outra banda segue a aposta de Amarante por evitar intermediarios e ampliar a súa gama de produtos de Comercio Xusto etiquetados pola propia Amarante e en galego.

No 2.009, e por terceiro ano, o volume de produtos importados directamente se consolida como a segunda referencia de marcas de produtos nas nosas tendas e na distribuidora cun 20% – panela, marmeladas, azucre estuchado, artesanía, -. A esto cabe engadir os novos produtos que por medio de convenios con terceiros pronto estarán a disposición da nosa  clientela. Café en grao e Descafeinado de Comercio Xusto de Colombia etiquetado en galego e marca Amarante acaba de incorporarse grazas a un acordo coa tostadora Civit.

Tamén estamos traballando en liñas de cacao orgánico para os próximos anos que se iniciou a producir por MCCH en Ecuador a raíz dun proxecto de cooperación da Cooperación Galega.

Das outras importadoras, a cooperativa andaluza Ideas é o noso principal provedor. Despois da importación directa segue a asociación catalana Alternativa 3, Mundo Solidario e Equimercado.

Unha nova gama de produtos, entre os que se atopa o café arábiga de Etiopía, xa son mercados á importadora portuguesa Equaçao.

Outro novo produto que distribuirá Amarante será o Café Bio de Nicaragua, importado e tostado por Espanica.

You may also like...