Consume o xusto, tamen no nadal

So o 1% de todo o que mercamos habitualmente, sales permaneCartaz_planetace nas nosas casas pasados seis meses.

Non ten sentido polo tanto seguir alimentando necesidades artificiais, sovaldi é preciso buscar maneiras de vivir mellor con menos.

Ante esta realidade AMARANTE deseñou este ano unha campaña de Nadal que se desmarca da mensaxe tradicional dirixida a comercialización e que pretende, por unha banda sensibilizar nun consumo responsable e respectuoso coas persoas e co medio ambiente e por outra banda facer fincapé na denuncia dun modelo econômico cimentado sobre o consumismo e a explotación dos recursos naturais do sur, que afonda na pobreza e na crise alimentaria dos pobos do mundo.

O Nadal son datas de consumismo e excesos por excelencia: mercamos regalos que non pasan de mediados de xaneiro, preparamos comidas custosas de produtos escasos, bebemos sen moderación e alumeamos a nosa casa até o exceso.

 

A longa lista de artigos que adquirimos no Nadal e que non pasan de xaneiro é moi ampla. Ante isto, AMARANTE quere invitar a cidadanía a consumir de forma responsable tamén en Nadal a fin de conter os efectos nas economías familiares da crise financeira. Para iso por en marcha dentro da Campaña de Nadal da organización unha serie de accións destinadas a concienciar a poboación de que é posible vivir con menos e mellor elaboramos 10 consellos na que o noso consumo sexa a solución e non o problema:

– Aforrar recursos como auga e enerxía axudará a aforrar cartos e evitará consumos innecesarios.

– Elixir produtos ecolóxicos e de comercio xusto. Respectuosos co medio ambiente e coa vida e o traballo de outras persoas.

– Mercar os teus agasallos no pequeno comercio a fin de dinamizar a economía local e crear emprego.

– Gardar os teus aforros na banca ética, seguros e alonxados dos riscos dos “activos tóxicos”.

– Trocar, reparar, facer ti mesmo, reutilizar son formas distintas, orixinais e baratas de regalar e de vivir mellor con menos.

PROGRAMACIÓN CAMPAÑA NADAL

Durante o mes de decembro a campaña “Consumo Responsable todo o ano” estará acompañada de diferentes actividades de concienciación. Acompañada da difusión da Campaña e pegada de carteis cos consellos prácticos para reducir o noso consumo e facer un consumo responsable todo o ano.

Algunhas das actividades xa concretadas son:

–  Degustación de produtos de comercio xusto e ecolóxicos nos locais de Amarante.

–  Sesión de cine de Consumo Responsable. En Amarante-Compostela os xoves 10 e 17 de decembro.

Obradoiro de Refugallo. Sábado 12 de decembro. De 12,00 a 14,00 horas. (Praza da Verdura. Pontevedra ).

– Obradoiro de cociña vegana. Sábado 12 decembro. En Caleidoskopio Organizamos: Amarante, Caleidoskopio, e Árbore

Obradoiro de Refugallo. Martes 15 de decembro. Ás 19,00 horas.
En
Amarante-Compostela

–  Achegandonos a Etiopía, Tarde Temática. (charla, café e música do país).
Mercores 23 de decembro pola tarde en Amarante-Vigo.

–  Obradoiro para crianzas, (contacontos, papiroflexia, etc). Ofrecerase
degustación para as persoas acompañantes. Luns 4 de xaneiroa tarde en Amarante-Vigo.

–  Obradoiro de Consumo Responsable a cargo de Toni Lodeiro. Organizamos Árbore, Verdegaia, Grupo de Consumo O Rosal, Grupo de Consumo Loaira-Redondela, Amarante) Sábado  2 de xaneiro en Amarante Vigo.

–  Sesión de Contacontos a cargo da escritora e relatora Ledicia Costas. Luns 4 de xaneiro ás 18,00 horas (Praza da Verdura. Pontevedra)

MERCADIÑOS DE TROCO

Desde fai tempo diversas redes de troco, das que participa Amarante, esta a poñer en marcha Mercadiños de Troco coa filosofía trocar os bens que xa non utilizamos en lugar de botalos ó lixo co impacto ambiental que supón o seu tratamento, ademais de contribuír á non produción de mais bens e ás relacións interpersoais das persoas que participan.

Que mellor momento para trocar como nestas épocas de alto consumo. Algunhas citas son:

– Pontevedra. Amarante-Verdegaia. Sábado 19 de decembro. Praza da Verdura. De 12,00 a 14,00 horas.

– Ribadeo.  Sábado 26 de decembro. Cantóns Praza de España. De 17,00 a 18,00 horas.

– Vigo.  Rede VigoTroca. Sábado 26 de decembro. Mercado do Calvario.

Pendentes actividades de Ourense.

You may also like...