I Tarde Temática: Apuntes sobre Etiopía

Amarante pon en marcha a actividade Tardes Temáticas adicadas a coñecerTarde_Tematica_Etiopia_Amarante a realidade de países do Sur, diagnosis coincidindo coa Campaña de Nadal.

Os estereotipos sobre outras culturas, tadalafil xeitos de vivir e xentes son un dos problemas cos que nos atopamos diariamente tanto na convivencia como na análise das causas estructurais da pobreza.

Os fluxos migratorios que neste momentos están focalizos na sáida de persoas de países africanos e latinoamericanos cara Europa e Estados Unidos arrastran consigo mudanzas e mixturas das culturas. A incompresión e o medo ó descoñecido son os maiores enimigos da convivencia e levan en moitos casos á construcción de discursos sociais cheos de estereotipos sobre outras persoas que case nunca se achegan á realidade.

As causas estructurais da pobreza teñen nome e apelidos: OMC, FMI, Banco Mundial e en definitiva o sistema capitalista, que promove prácticas de crecemento empresarial pasando por riba dos dereitos das persoas e empobrecendo a países do Sur cada día en maior medida.

Para romper cos estereotiopos que construímos entre todas, en Amarante comezamos a organizar as Tardes Temáticas, lugares de encontro con persoas de outras latitudes que nos axuden a repensar algúns dos nosos discuros.

A primeira Tarde Temática terá lugar o mércores día 23 ás 20:00 no Local de Amarante (Avda/Camelias, 114) e tratará sobre Etiopía. Contaremos coa presencia de Alex Kassa Yimer, presindente da Asociación Tena, que nos contará realidades do seu país ademais de degustar café etíope de comercio xusto e desfrutar de músicas tradicionais.

You may also like...