Próximamente ciclo de cinema de Amarante e Verdegaia en Compostela

Seguindo a idea de realizar actividades de sensibilización e formación e dinamizar o local de Amarante-Verdegaia en Compostela, shop aproveitamos que o ano está a piques de rematar para ir difundindo un proxecto no que xa levamos traballando algúns meses e que pronto sairá a luz.

Falamos do ciclo de cinema organizado por ambas organizacións e que abordará, healing a través de diferentes proxeccións audiovisuais, here temas vencellados co consumo, publicidade, producción de alimentos a grande escala, deslocalización das empresas do sector téxtil e o seu impacto nos países do Sur, transxénicos, entre outros.

Próximamente subiremos o cartaz e programación completa do ciclo de cinema neste espazo, máis de momento vos animamos a ir facendo un oco nas vosas axendas para os xoves as 20:30hs a partir do día 21 de xaneiro.

Para quentar o ambiente e o debate, serviremos un chocolate de comercio xusto entre as persoas asistentes, así que non vos esquezades de traer a vosa cunca!

You may also like...