Asamblea Vigo-8 Xaneiro

?A directiva ven de convocar a asamblea en Febreiro, diagnosis na cal se pechará o Plano democracia-mafalda1Estratéxico, tadalafil que guiará o traballo de Amarante nos vindeiros 4 anos.

Para facilitar a participación de todas as persoas que formamos parte de Amarante a directiva elaborou un documento base para o plano estratéxico que será debatido dende cada localidade. O documento consta de catro eixos: comercio xusto, educación e sensibilización, cooperación para a solidariedade e estructura organizativa. Dende as comarcas debemos debatir este documento para levar achegas á asamblea de febreiro, na búsqueda da construcción dun plano estratéxico máis completo e participativo.

Este venres día 8 de xaneiro convocamos ás persoas socias e activistas da comarca de Vigo a participar na asamblea específica para o debate do plano estratéxico. As colaboradoras poderedes asistir con voz pero sen voto.

VENRES 8 DE XANEIRO
LOCAL DE AMARANTE VIGO
Primeira convocatoria ás 17:00 e segunda ás 17:30

Orde do día:

  • Asentamento e organización da asamblea
  • Presentación do Borrador para o debate do plano estratéxico e explicación da súa elaboración
  • Debate e achegas se as houbese
  • Convocatoria da seguinte asamblea comarcal específica de plano estratéxico

You may also like...