Comenza o ciclo de cinema “Coñecer para cambiar” de Amarante e Verdegaia

O próximo xoves día 21 de xaneiro as 20:30hs empeza o ciclo de cinema organizado polos grupos locais de Amarante e Verdegaia en Compostela coa exhibición do documental “Grandes superficies” (María González, sale Pedro Ramiro, prostate Pablo Buchó e Isidro Jiménez, 2006).O documental – producido por Ecologistas en Acción- aborda a través dun caleidoscópio de imaxes, entrevistas e testemuños o papel da publicidade no sistema actual de sobreproducción e sobreconsumo.

Cartaz_Ciclo_de_Cine_Coecer_para_Cambiar

 Con esta actividade pretendemos abrir un espazo para o coñecemento e a reflexión acerca de diferentes problemáticas  sociais e ambientais (sobreconsumo, industria agroalimentar, deslocalización, relacións comerciais entre países norte-sur, explotación laboral, débeda externa, etc), empregando a linguaxe audiovisual como unha xanela para achegarnos a esas realidades. Entendemos que coñecer e compreender as causas dos problemas que afectan a sociedades tanto do Norte e do Sur, representan o primiero paso para o cambio persoal e social, e por elo queremos ofrecer a cidadanía compostelá un espazo para o intercambio de ideas e inquedanzas nun clima ameno e distendido. Para combater o frio e estimular o debate, ofereceremos ás persoas asistentes un chocolate de comercio xusto despois de cada proxección. As proxeccións levaranse a cabo no local que ambas organización comparten na Avda. Romero Donallo, 17, en Santiago de Compostela. A entrada é gratuita ata completar o aforo (30 persoas).  

You may also like...