O Concello de Boiro aproba a moción a prol da Compra Pública Responsable

O pasado 14CPR de xaneiro aprobóuse no pleno deste concello a Moción sobre Compra Pública Responsable presentada por Amarante e Verdegaia.  Con esta acción, tadalafil o Concello de Boiro comprométese a seguir criterios éticos, generic sociais e ambientais na súa política de contratación de bens e servizos.

A Compra Pública Responsable nas Administracións Públicas define a aplicación dun conxunto de parámetros sociais, sovaldi sale ambientais e éticos na execución dos orzamentos públicos para a adquisición e para o consumo de bens e servizos por parte das distintas Administracións Públicas, sustentada fundamentalmente na Compra Pública Ética, na Compra e no Consumo Público Sustentábel e na Compra Pública Social.  En conxunto, a aplicación da Compra Pública Responsábel introduce criterios éticos relativos ao cumprimento de convencións internacionais e estándares sobre condicións laborais, como no caso dos produtos de comercio xusto; desenvolve modelos de consumo máis respectuosos co medio ambiente, minimizando o impacto ambiental do consumo municipal e contribuíndo a mellorar a calidade de vida a través do predominio de criterios ambientais. Tamén incide na calidade do emprego ao priorizar a contratación de persoas en situación de exclusión ou a inserción nos bens e servizos contratados polas administracións, apoiando a empresas de economía social.

As administracións públicas son responsables do 16% das compras de bens e servizos en Galicia polo que a capacidade de incidencia na economía local da Administración é fundamental. Máis que nunca as inversións públicas deben comprometerse coas políticas ambientais (conservación e eficiencia), sociais (inserción e accesibilidade) e éticas (solidarias e de loita contra a exclusión e pola igualdade). A Administración galega non pode ser cómplice de empresas que non son socialmente responsables, contaminantes ou que non cumpren cos dereitos humanos.

Por esta razón, Amarante e Verdegaia demandan un consumo responsable tamén na administración pública galega a través da campaña para a incorporación da Compra Pública Responsable en tódolos organismos públicos (Xunta, Deputacións e Concellos) na que velen e se apliquen criterios éticos, sociais e ambientais nas políticas de contratación.

Ao Concello de Boiro tamén súmase o de Ribadeo, que aprobou a moción a finais do ano pasado, mentres que en outra veintena de concellos galegos a proposta presentada por Amarante e Verdegaia xa está sendo debatida polos grupos muncipais.

You may also like...