Constitúese a Asociación Fiare-Galiza

O pasado sábado 16 de xaneiro de 2010 tivo lugar a Asamblea Constituínte da fiareGZ_Asamblea_ConstituinteAsociación Proxecto Fiare-Galiza, purchase clinic na que se aprobaron por unanimidade os Estatutos, ambulance traballados previamente polas 13 asociacións conformantes, entre as que está Amarante, e que levan xa case un ano traballando na difusión do proxecto e na elaboración de material e preparación da posta en marcha desta nova asociación.

A nova etapa do Proxecto Fiare en Galiza traballará, a partir deste momento, para conseguir a implicación de novas asociacións e na elaboración dun plan de formación e outro de actuación, así como na definición dos obxectivos de captación de capital social dentro do país. Con esta nova Asociación en Galicia, o proxecto Fiare xa conta con representación en oito zonas do Estado e pretende ser unha alternativa real e viable á banca tradicional, rompendo os esquemas inxustos e seu modelo operacional a través da incorporación de medidas innovadoras e alternativas para a intermediación financieira e operacións bancarias, que dean lugar a unha banca ética nun futuro xa máis próximo.

O Proxecto Fiare pretende a criación e consolidación dun sistema de banca ética de ámbito estatal que se constitúa en alternativa elixible pola cidadanía e que actúe significativamente pola transformación pokies on line do sistema financeiro, aliñándose con aquelas entidades que xa están traballando no ámbito da economía solidaria, co fin último de conseguir a transformación social.

Desde esta perspectiva, os obxectivos xerais de Fiare, como intermediario financeiro son:

  • Financiar actividades económicas que impliquen un impacto social positivo e transformador. É dicir, apoiar empresas, actividades e proxectos sociais, ecolóxicos, culturais e solidarios, favorecendo o desenvolvemento humano tanto nas nosas sociedades do Norte coma do Sur, poñendo o diñeiro a disposición das persoas excluídas e das organizacións que traballan con elas.

  • Ofrecer instrumentos de aforro e de investimento responsables. Trátase de poñer a disposición da cidadanía a posibilidade de apoiar cos seus aforros ese tipo de actividades, decidindo responsablemente o uso que fai a entidade financeira dos seus aforros e excluíndo calquera investimento en actividades ou empresas que colaboren co mantemento da inxustiza e o deterioro do noso mundo (tráfico de armas, explotación laboral, destrución do medio ambiente …).

You may also like...