Toma posesión en Honduras o candidato vencedor das eleccións ilexítimas

Organizacións da sociedade civil denuncian a falta de liberdade e democracia no país caribeño.Honduras_Enlazando_Alternativas

As organizacións Amarante, viagra Acsur Las Segovias, viagra Coordinadora de Crentes Galegos e Galegas, Foro Galego de Inmigración, Fuco Buxán,  Verdegaia e Wipala levamos uns meses xuntándonos e traballando para conseguir que a realidade do que está a acontecer en Honduras e en tantos outros países da zona non sexa esquecida.

Durante os últimos meses do ano 2009 contamos coa presenza de dous sindicalistas: Erasto Reyes e Reyna Domínguez fixéronnos chegar os chamamentos de todas as persoas que queren opinar, que queren seguir a traballar porque a voz do pobo hondureño sexa escoitada e tida en conta nesta loita de poder dos intereses económicos que están a primar en Honduras.

A forte represión por parte dos que se apropiaron de forma fraudulenta do goberno provoca que a violencia, o desemprego, a miseria, … sufridos pola maioría das persoas que loitan polos seus dereitos e pola democracia sexan habituais e non denunciadas.
O que podemos constatar a través das noticias que recibimos é que o pobo está unido a pesares de que se están a ver afectados todos os dereitos laborais e humanos en xeral.

Os e as sindicalistas e dirixentes do Frente Contra o Golpe de Estado en Honduras están sendo perseguidos, sufrindo asasinatos selectivos e continuas violacións dos dereitos fundamentais. Por todo isto e ante o silencio do que está tendo lugar e despois de seis meses de loita organizada e pacífica (desde o 28 de xuño de 2009 non cesa), volvemos solicitar o apoio aos gobernos, neste caso concreto ao galego para que non recoñeza un goberno non aceptado por boa parte da comunidade internacional nin polo pobo hondureño.
A pesar da celebración das eleccións seguimos recibindo novas de represión e de asasinatos que se producen cun claro interese de control da poboación civil, o que ven a demostrar que se continúa vivindo baixo tensións e abusos de poder. A desaparición do caso de Honduras dos medios de comunicación fai que calquera acción contra os Dereitos Humanos que se produza quede silenciada ante a opinión pública.

O día 27 de Xaneiro celébrase a toma de posesión do candidato vencedor nas eleccións ilexítimas do pasado ano, Porfirio Lobo. Esta toma de posesión dará lexitimidade a un goberno que foi elexido baixo coaccións, nun ambiente de violencia e falta de dereitos civís. Tendo isto en conta é moi importante que todas as institucións tanto galegas, como do Estado non recoñezan este novo goberno en Honduras e que exerzamos entre todos unha forte presión para que a dignidade da persoa sea respectada e promovida.

As institucións e administracións como o Parlamento de Galicia deberían demostrar ante a sociedade civil unha determinación clara contra calquer situación na que se estean a violar os Dereitos Humanos. É por esto que por medio dun escrito o luns solicitamos aos grupos parlamentarios que apoien ante a Mesa do Parlamento Galego a elaboración dunha Declaración na que non se recoñeza ó novo mandato de Porfirio Lobo como lexítimo. Facemos estensible esta peticion a toda a cidadanía coa axuda dos medios de comunicación.

You may also like...