Trocando, trocando, chegamos a Ribadeo

Durante a Campaña de Nadal o Grupo da Mariña de Amarante levou a cabo o primeiro Mercadiño de Troco adicado en exclusiva ó intercambio de xoguetes entre ciranzas.Mercadio_Troco_Ribadeo_Baixa

Os mercados de troco son iniciativas de intercambio e cesión que buscan revalorizar obxectos ós que xa non lle damos uso e fuxir da voráxine consumista que se agudiza especialmente durante as datas do Nadal.

Este primeiro mercadiño estivo  adicado á participación das crianzas por ser as máis perxudicadas no bombardeo continuo de publicidade, cialis véndose envoltas en moitas ocasións en necesidades creadas dende espazos totalmente alleos a elas. A celebración deste mercado veu a confirmar que o importante son o tipo de relación que se establecen e o intercambio de bens é un xeito de xerar relacións baseadas na solidariedade e na colaboración.

A pesar de ser a primeira vez que se celebraba este tipo de actividade na vila a afluencia de público foi elevada e sobre todo houbo unha grande participación de pequenos e pequenas que levaron todos os xoguetes que estaban agochados nalgunha esquina da súa habitación e lles buscaron un novo lugar onde están sendo desfrutados coa ilusión que conleva calquera novidade na vida de unha crianza.

Mercadio_Troco_Ribadeo1Baixa

 

 

 

 

 

A actividade estivo enmarcada na Campaña de Nadal que Amarante celebrou en todas as localidades nas que contamos con Grupos organizados.

You may also like...