Amarante aborda unha nova etapa co seu IIº plano estratéxico

principiosO sábado 6 de febreiro Pontevedra acolleu a súa XVI Asemblea Nacional de AMARANTE que ademais de facer un balance do exercicio 2009 e de aprobar as liñas de traballo para este ano 2010, cheap tivo un caracter extraordinario pois serviu para aprobar o seu segundo Plano Estratéxico 2010-2014 que servirá de folla de ruta da organización nos próximos anos.

O debate do plano estratéxico iniciouse en outubro de 2008 coa análise do plano estratéxico anterior, there e durante todo o 2009 amarante ten tido varias xuntanzas onde ademais de actualizar o seu Ideario e Misión, here teñen servido para ir traballando nas liñas que se aprobaron.

Durante o pasado mes de xaneiro os cinco grupos comarcais cos que conta na actualidade Amarante – Compostela, Ourense, Pontevedra, Vigo e A Mariña Luguesa – reuníronse para o debate do mesmo e aprobaron para debater na asemblea 102 emendas  ao documento orixinario.  Plano Estratéxico

A Asemblea Nacional tamén renovou a directiva nacional que cambia, segundo a unica candidatura presentada, nun 40% dos seus membros. Entre os cambios máis significativo esta o cambio da presidenta, do vicepresidente e do administrador da asociación. ver no directorio

Mantense a paridade nun organo que se lle quere dar máis contido de debate político e de reflexión e aos que se incorporarán posteriomente as coordinadoras comarcais da organización.

A asemblea de AMARANTE, que se celebrou desde as 11,00 horas ata pasadas ás 21,00 horas, tivo un debate alto e participativo onde se aprobaron 3/4 das emendas que se presentaran nas localidades.

Entre os elementos centrais do novo plano estratéxico cabe destacar a aposta por unha organización máis participativa dandolle máis iniciativas aos grupos comarcais que estarán representados na directiva nacional pola súa persoa coordinadora. Tamén se pretende dar maior importancia á formación interna  e a comunicación – sobre todo a das novas tecnoloxías – por eso as persoas responsables destas areas estarán na Executiva Nacional xunto coas responsables das areas de educación, cooperación e comercio xusto.

O campo de educación que pasa a ser de educación e sensibilización terá unha liña nova de traballo na formación externa e nun novo programa sobre consumo responsable que axude a madurar novos elementos como o decrecemento, a soberanía alimentar, etc.

A area de cooperación que a partir de agora chamase cooperación para a solidariedade cos pobos perdera o seu caracter proxectista para desenvolver toda unha liña de traballo de solidariedade con outros pobos e tamén con sectores vulnerables pola globalización capitalista coma as persoas migrantes.

Por último, o comercio xusto vai ter nesta etapa unha aposta decidida pola distribuidora e por tendas que se renoven baixo criterios de soberanía alimentar e que sexan autosostibles.

Nese senso a autofinanciación e a calidade dos programas, xunto co activismo van ser os elementos que marquen esta nova etapa de Amarante.

Nese senso, AMARANTE que iniciou a súa andadura hai 10 anos en Pontevedra, ten tido xa numerosos problemas en diversas ocasión para a concesión de locais ou prazas onde realizar os seus actos e cre necesario que os locais públicos estean ao servizo da sociedade civil e non se vaian cedendo a institucións que ao final non fan uso dos mesmos.

You may also like...